24 nov 2008

Etcétera



Mércores, 22 de outubro de 2008, no periódico "La voz de Galicia" na sección "La voz de la Escuela" aparece o seguinte latinismo: etcétera.

Esta palabra encóntrase nunha noticia que trata sobre unha páxina web de "La voz de la Escuela" na que os máis xóvenes poden facer preguntas de ámbito científico e atópase na seguinte frase:

"Hacer excursiones, paseos, experimentos, visitar museos, etcétera.

"Etcétera significa, e as demáis cousas e o restante.

En latín escríbese separado: et cetera.

Nihil Obstat

No xornal "El País", do día 16 de novembro, atopei o latinismo nihil obstat, nun artigo que fala da concesión de licencias radiofónicas en Cataluña.

"Licencias radiofónicas con nihil obstat".
Este latinismo ten como significado "nada se opón".
É a aprobación oficial dende o punto de vista moral e doutrinal, dunha obra que se quere publicar realizada por un censor da Igresia Católica.
Esta expresión abrevia outra máis longa,
Nihil obstat quominus imprimatur, que quere dicir:
“non existe impedimento para que sexa impresa”.

No contexto da noticia significa que o goberno catalán concedeu sen ningún tipo de obxección licencias para oito emisoras de Cataluña.

23 nov 2008

Bonus




Este latinísmo ten como significado, Bo ou ben.
Aparece no periódico "El Mundo", na sección de economía, no contexto dunha noticia que garda relación co sector finanzas, no que un empresario reclama a súa empresa, por non ter incluído como salario o importe do bonus, na compensación por un cese.
El Mundo, 18 de novembro do 2007.
Eliminar

Ante Meridiem





Este latinismo significa antes do mediodia. Atopeino no periódico la voz de Galicia na parte de esquelas. É un latinismo común xa que o utilizamos nas nosas vidas cotiáns, e sobre todo aparece nos reloxos como nos despertadores. Por exemplo: Será enterrado mañá as 11.30 a.m

inri


No périodico "El mundo" o día 17 do mes de novembro, na sección de opinión aparece o latinismo inri. O artigo fala da morte dun rapaz durante unha saida nocturna e describe os perigos que se poden atopar neste ámbito.
O latinismo aparece no seguinte contexto:
"Ayer se supo que sus porteros acumulan hasta 12 denuncias por agresiones, que carece de licencia como discoteca y que la Policía Municipal había solicitado su clausura en una de las inspecciones. Para mas inri, el local es propiedad municipal."
O latinismo inri neste contexto significa "por se isto fora pouco"

Ex profeso

O latinismo ex profeso significa intencionadamente, expresamente, con pleno coñecemento. Que aparece no periódico El país na sección de telefonía o día 18 de setembro de 2008, un fragmento da noticia é:


Los contenidos de Antena 3, en el móvil.
[...] personas accedan a Internet. Los periodos se van acortando", añadió. Antena 3 y la compañía telefónica también han creado dos canales diseñados ex profeso para los móviles: Series Antena 3 y Antena 3 Noticias 24 Horas. Los clientes de Vodafone podrán acceder gratis a estas dos cadenas, que se [...]


Habeas Corpus


No periódico "La Voz De Galicia" do día sete de novembro na sección de España trae unha noticia na que fala sobre un home que saíu do cárcere antes do previsto por facer traballos penitenciarios e que volveu a ser encarcelado sen probas ningunhas de que cometera outro delito polas que invoca un "habeas corpus".
"José Rodríguez Salvador, conocido como el "violador de la Vall d'Hebrón", invocará un "habeas corpus" ante el juez para poder pedir su liberación de forma inmediata, al entender que su actual encarcelamiento es fruto de una detención ilegal."
Na noticia defínese este latinismo deste xeito: "El "habeas corpus" es un derecho del ciudadano que ha sido detenido a comparecer inmediata y públicamente ante un juez o tribunal para que decida sobre su ingreso en prisión". En resumo, o significado deste latinismo é a prohibición da encarcelación dun cidadán sen a orde dun xuíz.

Sine die


No periódico a Voz de Galicia, o día 30 do mes de outubro, na sección de Galicia, atopei unha noticia no que aparece o latinismo sine die. A noticia fala sobre o aplazamento dunha viaxe do Presidente do goberno galego, Emilio Pérez Touriño. O latinismo sine die significa sen día fixo. Na noticia, o latinismo aparece na seguinte frase:
''El Presidente del Goberno gallego, Emilio Pérez Touriño, decidió ayer suspender sine die el viaje institucional previsto para mediados de noviembre a la capital uruguaya y a Buenos Aires, con el argumento de la crisis económica como factor determinante de una decisión con escasos precedentes en la Administración autonómica.''

21 nov 2008

Rictus


O luns día 18 de novembro, no diario "El Mundo", sección de deportes, aparece o latinismo "rictus", nun artigo relacionado cun partido benéfico contra a pobreza, entre os equipos formados por Zidane e Ronaldo.
"El rictus preocupado del Santiago Bernabéu era la sonrisa de Fez."
Rictus é un latinismo que se refire á posición que se adopta na que a boca está entreaberta cunha expresión marcada no rostro ou nos beizos dando unha sensación de risa ou sorpresa.
No contexto da noticia do periódico fai referencia a que no Santiago Bernabéu os dirixentes están incrédulos e sorprendidos, mentras que en Fez reinaba a alegría e a felicidade polo partido a prol da paz.

Campus


"El Correo Gallego, Lunes 3 de Noviembre del 2008".
Aparece unha noticia relacionada cos universitarios, especialmente os extranxeiros. Fala sobre os estudantes doutros países que veñen durante un certo tempo ao campus da "Universidade de Santiago". Os máis comúns son os estudantes franceses, italiáns e turcos.
"La "Universidade de Santiago" tiene previsto recibir unos 1200 estudiantes extranjeros en sus dos campus."

"Terreo dun colexio ou universidade. Usóuse por primeira vez en Princeton, e ata fai pouco, só nos Estados Unidos de América. Agora é de uso corrente en tódalas universidades para indicala concentración de residencias para o persoal e os estudantes dentro do mesmo recinto"

Versus

Dentro da sección de opinión de "La Voz de Galicia" do día 9 de novembro de 2008 encontramos un artigo que presenta diversas opinións sobre o novo poder de Obama, relacionándoo coa morte do escritor Michael Crichton. No título de dito artigo aparece o latinismo versus.

"Obama versus Crichton"

Versus é unha preposición latina que significa contra.

Pro domo sua

No periódico "La Voz de Galicia", do día 17 de novembro do 2008, na sección de opinión, atopamos un artigo que trata dos posibles culpables da crise económica, entre os que están algúns dos países máis importantes da Unión Europea. Neste artigo atopamos o latinismo pro domo sua.

"La carencia de un sistema financiero europeo fue lo que permitió a Estados Unidos jugar siempre pro domo sua."

Este latinismo significa "polos seus propios intereses", e é unha frase tomada dun discurso de Cicerón á súa volta do desterro.

Honoris causa

No xornal "El País" do día 14 de Outubro do 2008, publícase a seguinte noticia:

Carlos Fuentes, escritor muy conocido a finales del siglo XX. Doctor honoris causa por la universidad de Castilla - La Mancha. Recibió el Premio Cervantes en el año 1987.

O término doctor honoris causa é un título honorífico que concede unha universidade a personas que teñen un mérito ou unha cualidade especial entre as demáis.

E pluribus unum

O xoves 6 de Novembro do 2008 no xornal El mundo, na sección internacional aparece a noticia Esperanza para América. Nesta noticia aparece a cita E pluribus unum que en latín quere decir, de moitos un. Obama pronunciou esta cita en cada un dos seus discursos. (...) A Obama "Hay que escucharle cuando, en cada uno de sus discursos, cita el E pluribus unum de Virgilio, del que está extraído el lema del país y que traduce como: "Nuestra nación es mayor que las partes que la componen".

In extremis


No xornal aparece un artículo referido á "guerra fría" que sucede nestes momentos en Colombia, entre os "guerrilleiros" e o estado. Antonio Caballero, que é o autor desta reportaxe, fai unha crítica sobre a política de goberno do presidente de dito país. Con referencia a isto, este señor emprega un latinismo no seguinte texto:

"En la jerga coloquial de Colombia se llama falsos positivos a ciertas hazañas que las autoridades inventan para su propio provecho: auto-atentados fallidos, coches bomba desactivados in extremis, complots ficticios providencialmente desvelados."

Este tipo de palabras son moi empregadas na nosa lingua. Específicamente neste texto, esa expresión vén a significar que os coches bomba son desactivados no último momento, que coincide co significado literal; noutros contextos pode tamén equivaler a in articulo mortis.


Fonte: "El Público" do día 9 de Novembro de 2008.
Sección: Reportaxe.

20 nov 2008

Mea culpa

Este latinismo aparece na edición web da voz de galicia do día luns 17 de novembro, na seción de economía. Nesta noticia fálase da cumbre de líderes do G-20 realizada para mellorala economía, nela acordaron que primeiramente os países deben tomar medias de modo individual e logo teñen que cordinarse para potenciar a economía mundial.

"La crisis ha servido para que los países desarollados entonen el mea culpa y reconozcan los errores cometidos en esta última década de excesos económicos"

O seu significado é a miña culpa ou a miña propia culpa.

In vivo

Este latinismo quere decir "nun ser vivo" e designa toda reacción fisiolóxica que se produce no organismo. Tamén se pode empregar como "experimentación in vivo"
Aparece na sección de saúde do periódico "El País", nunha noticia relativa ao descubrimento de que un coñecido probiótico chamado L.Casei disminúe a enfermidade coñecida como Inflamación de Crohn.
"Ahora se debe comprobar in vivo. Creemos que dos yogures al día podrían prevenir los brotes de esta enfermedad crónica"

El País, martes 18 de Novembro de 2008

Referéndum

No xornal Latinoamericana Exterior, no que se tratan os temas relacionados coa situación dos inmigrantes de latinoamérica e que se publica para a xente que non se encontra actualmente nel, aparece o seguinte latinismo: referéndum. Esta palabra aparece no seguinte titular, nunha noticia que ten relación cunha marcha, na que terá aparición o presidente de Bolivia, para manifestar o seu desacordo coa idea de realizar unha votación para redactar unha nova Constitución, que propón o Congreso:
"Referéndum de la Constitución".
O significado que ten este latinismo no contexto é: unha votación que se realiza sobre unha proposta, en este caso, unha convocatoria para poñer en funcionamento unha nova Constitución.

Fonte: Xornal Latinoaméricana Exterior.
Número 84. 15 de Octubre de 2008.

19 nov 2008

O latín vivo: os latinismos na prensa


Despois das entradas sobre a fauna e flora de Galicia, onde queríamos poñer de manifesto a vixencia do latín no mundo da ciencia, agora imos comezar con outra serie dedicada aos latinismos (ou sexa, latín puro e duro), que podemos encontrar a cotío na prensa.
Esta vez serán os alumnos de latín de 4º de ESO os encargados de levala a cabo.
O latín unha lingua morta?
Pode ser que quizais a vexamos así algún día, pero en todo caso iso será AD KALENDAS GRAECAS!

Octopus Vulgaris

O seu nome vulgarmente dito é: Polbo. Son moluscos mariños da clase Cephalopoda, da orde Octópoda. O seu significado:"oito pés".
A sua caracteristica principal é unha coroa de oito tentaculos con fortes ventosas na cabeza, arredor d boca.
Defendense con unha tinta que botan aos seus depredadores aparte de outras cousas.
Teñen 3 corazons, un delicado sentido do tacto e moita forza para o pouco corpo que se lles ve.
Poden alcanzar os 3 m de largo e os 12 kg de peso.
Os octopodos son uns polbos xtremadamente timidos.

18 nov 2008

Rubus ulmifolius

A silva ou silveira é un arbusto da familia das rosáceas, con talos espiñentos e que pode chegar a medir tres metros. É moi abondosa en Galicia. O seu froito é a amora, comestible e de cor morada, e dun doce sabor. Antes, a amora empregábase para tinxir a lar de cor negra. É unha planta que medra rapidamente e pode colonizar extensas zonas de bosque en pouco tempo.
(Eva Andrade)

17 nov 2008

Salmo trutta fario


Dúas son as especies de troita que predominan nos ríos galegos: a troita "Fario" (autóctona) e a troita "Arco Iris" (orixinaria de América). O normal é que a troita mida entre 15 e 25 ctms. en regatos e ríos de montaña, pero pode acadar até 1 metro en grandes ríos e encoros. Unha troita pode vivir ata 18-20 anos, aínda que o término medio está entre os 5 e 7 anos.A nosa troita autóctona é un peixe de pintas vermellas, negras, ou mestura das dúas; dependendo do lugar onde viva. Estas pintas teñen un halo blanco ó redor. Nos flancos presenta unha cor olivácea amarela; por riba no lombo é negruzca e por baixo tira a branca amarelada.
A troita é, sen dúbeda, a raíña dos peixes galegos.

Gallus gallus domesticus

A galiña e o galo son os nomes correspondentes á femia e ó macho da especie gallus gallus domesticus. A galiña ten unha enorme importancia para os seres humanos pois é o animal doméstico máis difundido e abundante do planeta e unha das fontes de proteína máis baratas (as galiñas fornecen ovos e carne). Posúen bico pequeno, crista carnuda e ás largas, que non lle permiten voar. As galiñas organízanse segundo unha orde xerárquica segundo a cal, a máis vella é a xefa do galiñeiro.

Vulpes Vulpes

O raposo é o animal carnívoro máis abundante do planeta, é un animal curioso e intelixente, sen embargo pola súa natureza sospeitosa e tímida obrígalles a evita-lo perigo.O raposo habita en todo tipo de hábitats, ainda que preferentemente busca cobixo en áreas de vexetación arbórea ou arbustiva, especialmente para as súas crías. Podemos atopar a especie vulpes vulpes silaceus en Galicia.
María Neira.

Quercus robur


Carballo:
Árbore de folla caducifolia, de crecemento lento e corteza gris negruzca e agrietada. É un tipo de árbole moi lonxeba, aveces ata milenaria. A súa floración é entre maio e abril e os seus froitos (as bellotas) maduran no outono dese mesmo ano.
Ángela Brea

16 nov 2008

Athyrium filix femina


Os fentos son plantas vasculares das Pteridophyta. Fórmana un rizoma carnoso e follas grandes moi divididas. É moi común en Galicia, son abondosas nas carballeiras onde forman extensas superficies e utilízanse como forraxe. Reprodúcense por esporas.
Segundo a área xeográfica recibe diferentes nomes: fieito, felgo, fenta, fieita, folgueira.

Mus Musculus Domesticus

Rato (mamífero), nome común que se aplica a calquera dos membros de tamaño pequeno de tres familias de roedores; unha das familias comprende unha especie ben coñecida: as ratas. A palabra rato non está ben definida nos diversos sistemas de clasificación; os ratos atópanse en grandes cantidades en todo o mundo e por razóns de conveniencia clasificáronse en dous grandes grupos: os ratos do Novo Mundo e os ratos do Vello Mundo.

15 nov 2008

Corynorhinus Townsendii


Máis coñecido como morcego e, vulgarmente, como "rata voadora", o Corynorhinus Townsendii pertence a unha orde de mamíferos voadores dos que as extremidades superiores se desenvolveron como ás. Mentras que outros mamíferos como o esquío voador só planean distancias limitadas, os morcegos son os únicos mamíferos que son realmente capaces de voar e ver na escuridade.
A estructura da á aberta é moi similar á da mán humana aberta e cuberta por unha membrana.

Jesús Neira Loureiro

Eucalyptus globulus

eucalipto.JPGO eucalipto ten o seu orixe en Australia e Tasmania. Chega a alcanzar os 70 metros de altura e 2 metros de diámetro.

Caracterízase e recoñécese polo feito de ter distintos e diferentes tipos de follas xoves (opostas, dentadas e acorazonadas) respecto as adultas (alternas, pecioladas, falciformes e acuminadas). As follas agrúpanse en ramas pequenas, creando unha copa de aspecto frondoso.

A plantación excesiva de eucaliptos é en moitos lugares un problema ecolóxico, ao diminuír a biodiversidade da flora e facilitar a propagación de incendios.

Rebeca Castro Hernández.

sambucus nigra

Bieiteiro, bieito, biouteiro, sabugo ou sabugueiro: é unha planta arbusiva, de 2 a 4 metros de altura.
Follas caducas.
Flores pequenas e brancas.
Moi apreciada polo seu froito posto que é moi bo purgante.
Madeira é dura,a cal utiliza para facer pequenas cousas.

Ten gran variedade de propiedades curativas, entre as que destacan as propiedades sudoríficas (estimula a transpiración) depurativas (purifica o sangue contribuíndo a eliminar os desechos). Ademais tamén presenta propiedades diuréticas (colabora no proceso de depuración do sangue ao eliminar as toxinas) e antinflamatorias (reduce as inflamacións). Por último, hai quen recomenda os cigarrillos feitos con follas secas de sabugueiro para deixar de fumar.

Paula Vázquez Touceda

14 nov 2008

Tetrao urogallus



A pita do monte é unha galinácea que actualmente se atopa en perigo de extinción, quedando algúns exemplares ó longo das zonas boscosas da Cornixa Cantábrica, os Pirineos, os Alpes e o Xura.
Acada uns 80 cm de altura e pesa preto de 5 kg. A súa plumaxe é de cor parda escura, con reflexos de cor verde no pescozo e no peito, cola negra en forma de abano e unha zona de cor vermella ou amarela á altura dos ollos.

En Galicia está presente exclusivamente nos Ancares e ten a catalogación de especie protexida dende 1986.
Andrea Barbeito Rebolo

Alnus Glutinosa



O abeneiro, tamén é coñecido como amieiro ou ameneiro. Atópase nas ladeiras húmidas, en zonas inundadas, nas beiras dos ríos...
Esta árbore pertence a familia das beuláceas.Mide sobre uns 20 ou 30 metros. A súa copa , ten forma cónica ou piramidal, a cal está moi poboada con follas arrendoadas cunha base puntiaguda e nas beiras, son onduladas e dentadas cunhas flores brancas. Estas flores, teñen forma de espiga.A súa madeira é moi resistente e tamén, doada de traballar.A corteza, ten propiedades mediciñales. Serve para combatir inflamacións de boca, para unha limpeza dental..
Tamara Alonso Ares

13 nov 2008

Mustela Nivalis


Donicela. Mamífero nocturno de cabeza pequena, patas curtas e pelaxe de cor parda no lombo e branca pola barriga, de movementos lixeiros e rápidos. Prefire as paisaxes abertas, os campos, praderías, lindes dos bosques e terreos baldíos invadidos pola maleza. É un animal bastante común, que se alimenta sobre todo de pequenos roedores, aos que persegue ata nos seus tobos, debido á súa delgadez. Tamén chamada denociña, doniña ou donosiña.
María Prado Barros

Lutra lutra:



A lontra é un animal mamífero pertencente á orde carnívora e á familia dos mutecelidóneos. Vive en Europa, en Asia, na parte sur de América do Norte e ao longo de toda América do Sur, incluíndo Brasil e Arxentina. O seu hábitat natural é no litoral ou próximo ós ríos onde busca alimentos como peixes, crustáceos, réptiles e menos frecuentemente aves e pequenos mamíferos.
A lontra adulta mide de 55 a 120 cm de lonxitude e pesa ata 15 kg.

Noelia Diéguez Sueiro 1ºC

Ulex europaeus


O toxo, toixo, árgoma ou touxo é unha planta endémica de Galicia e do norte de Portugal. É un arbusto espiñento moi ramificado e con espiñas finais, carece de follas e ten pequenas flores amarelas que reciben o nome de chorima ou xorima.
Dise que "o toxo sempre está en flor en Galicia", isto é debido a que hai tres especies de toxo que florecen en distintas épocas do ano. O ulex nanis (toxo gateño, molar ou mouro) é o máis pequeno e florece no outono, o ulex galli (toxo femia) é máis grande que o anterior e florece a mediados do verán e o ulex europaeus (toxo arnal) é o máis grande e florece na primavera e a principios do verán.
Usábase tradicionalmente como estrume para as cortes e había que apañalo cando aínda era novo e tiña pouca altura. Forma as coñecidas toxeiras.

Alba Constenla

Mustela Erminea


O armiño é un dos carnívoros máis pequenos do mundo, pero tamén un dos máis sanguinarios.Pertence á familia das mustela e, dentro desta, á categoría das ermineas. Está moi estendido por Europa, viven nos bosques e nas estepas; atópase xeralmente en campo aberto. Adoita establecer o seu domicilio baixo unha chea de pedras ou nun tobo coidadosamente disimulado no corazón dun matoxo espiñento. Parece ser que os sebes son o seu lugar favorito. O armiño aliméntase principalmente de roedores, que persegue mesmo até dentro dos seus tobos.

Sandra Fandiño Diz, 1ºC

Sus scrofa domestica:

O porco doméstico ten un corpo pesado e redondeado; fuciño comparativamente longo e flexible; patas cortas con pezuñas e unha cola curta. A súa pel, grosa pero sensible, está cuberta en parte de ásperas cerdas e exhibe unha amplia variedade de cores e debuxos. Son animais rápidos e intelixentes.

11 nov 2008

O latín científico: flora e fauna de Galicia

Trala idade Media e o Renacemento chegamos nos séculos XVII e XVIII a un fase na evolución do latín culto que coñecemos como latín científico.
Os grandes homes da ciencia escriben en latín: Descartes, Spinoza, Leibniz..
Pero aquí queremos destacar a un home, o sueco Linneo, que ideou un sistema de clasificación dos seres vivos que aínda perdura hoxe.
Os alumnos de 1º de bacharelato de latín comezarán esta semana unha serie de entradas sobre os elementos máis representativos da fauna e flora de Galicia, usando no seu título esa lingua que algúns pretenden morta, pero que aínda segue dando moito que falar...
Se queres comprobalo podes ler estes recentes artigos de prensa onde nos falan dun novo fieito invasor (Azolla filiculoides), unha nova especie de reptil voador (Nemicolopterus crypticus) ou dun polbo que chegou do xeo (Megaleledone setebens)

10 nov 2008

OS ESPÍRITOS ROMANOS


Para os romanos logo da morte, non había máis vida. Pero si que se cría que o espírito desa persoa sobrevivía e que interfería na vida de outras persoas. Estes espíritos temidos polos romanos, xa que se consideraban malignos, eran as Larvas e os Lémures.

Estes dous eran almas de persoas que amedrentaban aos vivos, eran representados como esqueletes bailando danzas macabras.

As Larvas eran fantasmas dos mortos que como non alcanzaran o seu descanso, vagaban polo mundo durante as noites para obter o perdón aos seus crimes. Para atormentar ás Larvas os romanos recurrían a artificios como tocar tambores, celebrar festas, etc.

Os Lémures eran, de novo, os espíritos dos mortos que se lles aparecían aos romanos para amedrentalos.

A outros espíritos como os Manes rendíaselle culto por protexer á familia. Eran almas dos seres queridos. Tamén eran chamados Dii Manes, e nas lápidas romanas de contino incluíanse as letras: D.M. (adicado aos deuses Manes).

El cortejo fúnebre

Despues de llevar a cabo el rito de la conclamatio (grito de llamada al difunto) y trás lavarlo, ungirlo con aceite y vestirlo se procedía a la pompa o cortejo fúnebre.
El retrato del difunto iba precedido por las imágenes de sus antepasados (derecho en un principio exclusivo de la nobleza) .
Detrás del difunto se situaban la familia y los amigos del difunto. A veces se acompañaba el rito de una comitiva de músicos que tocaban trompetas y flautas o de mujeres tambien denominadas plañideras que expresaban el dolor llorando o golpeándose en el pecho.Tambien habia mimos que reproducían los gestos del difunto.
Marchaban en procesión hasta el Foro, lugar en el que el heredero pronunciaba, en honor al muerto, el elogio fúnebre en latín laudatio funebris.

Os ritos funerarios dos ricos.


As persoas máis ilustres da Roma antiga tiñan dereito a unha cerimonia luxosa e complexa. O proceso de enterramento era a incineración, que se realizaba nunha pira, onde se queimaba o cadáver con flores e perfumes. (Logo os familiares recollían as cinzas e as colacaban nunha urna. En moitos casos estas urnas tiñan a forma do busto do difunto).

O rito funerario comezaba trala morte do romano, pois xusto despois realizábase a conclamatio, que era a repetición do nome do difunto tres veces para asegurarse de que estivera morto ou non. Logo limpábase o cadáver e unxíanse con aceites, vestíase e expoñíase no atrio da casa.

Despois procedíase á súa quema, pero antes, pasando por un cortello fúnebre, onde precedido do seu retrato iban os dos seus antepasados, os familiares e unha comitiva de músicos, bailarines, plañideiras etc Sempre marchaban cara o Foro, onde se pronunciaba o laudatio funebris.

Era moi normal que estas familias colocaran epitafios nas tumbas, onde aparte dos seus datos tamén se lle podían adicar o incluso deixar mensaxes persoais do propio morto.

8 nov 2008

As Catacumbas


As catacumbas son unhas galerías subterráneas que algunhas civilizacións mediterráneas antigas construíron e utilizaron como lugar de enterramento. As máis coñecidas e as mellor estudadas son as catacumbas da ciudade de Roma. Tamén son coñecidas as catacumbas de París, ainda que a súa orixe é diferente.
Dende o punto de vista etimolóxico, a orixe da palabra catacumba é incerto.Algunhas fontes creen que ven do
grego κατα (debaixo) , e τυμβoσ (túmulo); ou tamén de κατα (debaixo) e κυμβη (excavación).
Outras din que ven do
latín cumbo, dun verbo que combinado coas partículas ad, cum e de, significa xacer, ou estar acostado, de ahí que catacumba signifique "lugar onde se está acostado".A súa traducción literal é "agujero", nome dun distrito periférico de Roma.
A catacumba consta de diversos núcleos, dispostos en pisos, casi sempre excavados en distintas épocas. Cada piso tiña a súa entrada propia ata que co tempo foronse comunicando ata quedar reunidos.
Nas catacumbas podemos distinguir varias partes: un trazado laberíntico de galerías denominado "criptas",as cales ás veces se ensanchan formando unha especie de cámaras poligonales chamadas "cubículos", onde se enterraban os mortos por martirio. É frecuente que estos cubículos estén decorados con pintura mural ao fresco.
As fosas de enterramento excavadas nas paredes das catacumbas podían ser de dous tipos: rectangulares, denominadas loculi ou semicirculares, chamadas arcosolio.
Ao principio as paredes non tiñan ningún tipo de ornamentación, só tomaron como práctica o fixar nos muros moedas e camafeos e deste modo señalar la fecha na que a persoa foi sepultada
.

7 nov 2008

O testamento romano

A morte está concevida pra deixar pegada nos vivos e polo tanto todo o que se refire ós enterros romanos serán actos públicos, pensados e meditados previamente. Un romano non morría sen máis, sempre deixaba como legado unha herdanza, escrita nuns papiros.

Estas bobinas de papel papiro eran entregados ás vestais, e estas os colocaban en cuadrículadas estanterías onde eran clasificadas, elas eran as encargadas de custodialas e entragalas cando eran requeridas, algúns constaban de pequenas contas sobre todo cando o falecido non tiña demasiadas posesións, outros en cambio constitúen aunténticas xoias non só polos comentarios persoais senón pola extensión das riquezas.

O testamento, unha vez que se constataba o falecemento, era lido nun acto público e popular, maior canto aumentaba a importancia do falecido, neste non so se deixaba constancia do legado material senón que en moitas ocasións o difunto deixaba patentes opinións persoais sobre os amigos, achegados, parentes ou incluso ó mismísimo César, facendo público o seu malestar ou alegría con grandes alabanzas ou os maiores insultos, todo isto aportou grandes risotadas ou grandes desprezos deixando nunha situación incómoda ós supostos amigos do falecido, xa que éste non se privaba de facer revelacións públicas. Paralelamente á lectura das opinións expresadas polo difunto sobre a súa vida, tamén houbo a lectura pública do legado material que este entregaba. Un cidadán de ben deixaba a herdanza repartida entre a súa familia, amigos, e unha parte ós séus escravos que podían ser cantidades de diñeiro ou ben, se había sorte, que o señor liberara ó escravo que lle servera fielmente durante anos. Así mesmo tamén era unha costume romana o nombrar a unha serie de persoas alternativas ou de reserva, que eran os encargados de recibir unha parte da herdanza se algún dos beneficiarios renunciaba á herencia do defunto.

5 nov 2008

A "MANO FICO"


A mano fico, o signo do figo, procede da palabra italiana, fica, para denominar a vulva feminina. O figo foi asociado polos romanos cá fertilidade feminina e có erotismo. Os romanos consederaban este xesto como un amuleto protector contra o mal de ollo. Este significado perdura nos nosos días en Brasil e Portugal, onde as imaxes talladas con este xesto usanse como talismáns de boa sorte. En maio, os romanos celebraban a Lemuria, nela o cabeza de familia facía o sinal do mano fico e camiñaba descalzo ó redor da casa mentres cuspía nobe fabas negras como intercambio do benestar dos membros da casa xa que este signo mantiña entretidos ós Lemures.

Sen embargo noutros lugares como: Grecia, Chipre, Turquía, Indonesia e Rusia considerano un xesto obsceno. Este xesto é tamén a carta "T" no alfabeto de linguaxe por señas americano, no Signo Internacional, no que tamén o usaban, foi modificado para evitar algunha que outra ofensa posible.

Para outros é simplemente un xogo infantil, no que este xesto significa: teño a túa nariz.

4 nov 2008


DIFERENZAS E SIMILITUDES COS ROMANOS ANTE A MORTE




Os romanos tiñan distintas percepcións da morte ca nós..mentras ca eles consideraban a morte coma un feito normal,cotidián..e tiñan unha corta esperanza de vida (50 anos mais ou menos) nós consideramolo un feito triste e tráxico e temos unha esperanza de vida algo mais larga (80 anos aproximadamente).

Antes os romanos depositaban unha moeda na boca dol falecido (obulus) para que pagara a Caronte, agora nós deixamoslles flores nos ceminterios.

Eles crían na existencia de Deuses subterraneos, e nós ofrecemoslles misas ós mortos, un ano ou varios despois da sua morte.

Pensan co espiritu dos mortos sobrevive e que incluso pode interferir na vida dos vivos.Esto compartimolo, xa que algunhas persoas pensan que existe vida despois da morte, cree en espiritus ou en outra persona / animal (reencarnación) .Incluso algunhas personas xogan ó conocido "xogo" da ouija, que consiste en falar cos espiritus.

Columbaria

Na antigüidade os Romanos colocaban as furnas con cinzas nas columbaria, ocos nas paredes de lugares propiedade de asociacións denominadas Collegia Funeraticia.

Este costume que polo menos aquí en Galicia eu nunca observei está presente en lugares tan diversos como EEUU ou Xapón.

Hoxe en día as columbaria poden ser unidades independentes ou poden formar parte dun mausoleo. Hai empresas que constrúen estas estruturas fóra do seu destino e logo son transportadas en camións. Ás veces as columbaria forman parte das igrexas, como no caso da Catedral da Nosa Señora de Los Ángeles (California). A construcción de columbarias dentro das igrexas está moi extendido, especialmente na Republica Checa. Na Igrexa Católica a cremación está aceptada e polo tanto tamén existen columbarias para os católicos, pero estas están nos cemiterios, pois os restos deben ser sempre enterrados. As columbaria son similares ós nokotsudo do budismo, lugares onde reposan as cinzas dos mortos e que tamén poden estar adosados ó templo ou ó cemiterio.

Na ilustración, interior de un columbarium en Oakland, California.

3 nov 2008

Explicación mitolóxica sobre a vida de ultratumba.

A influenza da cultura grega en Roma deu lugar á introdución da explicación mitolóxica seguida polo mundo grego sobre a morte e a vida de ultratumba.
Polo tanto, a imitación dos gregos, os romanos comezaron a depositar unha moeda (obolus) na boca do defunto para que este puidese pagarlle a viaxe polo río Styx ó barqueiro Caronte. A misión deste era a de conducir as almas até o Averno, onde se xulgaba se o espírito ía alcanzar un lugar no Elysium, o que nós identificaríamos co ceo, ou no Tartarus, o correspondente co inferno. Os funerais non era nin máis nin menos que un xeito de preparar á alma para esta viaxe.

2 nov 2008

Halloween versus Samaín?

Nestas datas onde o Planeta énchese de entradas referentes ao culto aos mortos, de alusións á Halloween e ao Samaín, os alumnos de 2º de bacharelato de latín do MGB iniciarán unha serie de entradas sobre o culto aos mortos na antiga Roma e as relacións co noso mundo actual.
Lede as entradas da wikipedia sobre a historia destas celebracións. Seguro que vos atoparedes con algunha sorpresa.
Nin o mesmo "boss" puido evitar a tentación...

1 nov 2008

O Manés

A lingua manesa (tamén coñecida como gaélico manés, manx en inglés) é unha lingua celta que se fala na illa de Man, situada no Mar de Irlanda.
No século V, os gaélicos procedentes de Irlanda invaden a illa, traendo a súa lingua céltica, que, cos séculos, evolucionaría ata se converter na actual lingua manx.
O illamento da illa e a súa dependencia da coroa inglesa (logo británica) a partir do século XIV fixeron que o manx adoptase unha grafía baseada no inglés e non noutros idiomas celtas.
A mediados do século XIX comezou a súa decadencia. En 1831 falábao regularmente o 30% da poboación; en 1901 só o falaban 970 persoas e o último falante nativo de manx, Ned Maddrell , morreu en 1975 á idade de 97 anos.
Hoxe en día, o manx sobrevive grazas a un pequeno número de persoas que o aprenderon como segunda lingua e que intentan potencialo fronte ao inglés, a súa lingua materna. En 2001 un 2.2% da poboación da Illa de Man, 1.689 de 76.315 habitantes, aseguraba poder desenvolverse en manés, aínda que en graos diversos.

Frases e palabras típicas en manxés:

Manxés ~) Galego
Failt ~) Benvido
Hello ~) Ola
Kys t'ou? ~) Que tal estás?
Kanys ta shiu? ~) Que tal estades?
Moghrey mie ~) Bos días
Fastyr mie ~) Boas tardes
Oie vie ~) Boas noites
Gura mie ayd ~) Moitas grazas
Cre'n ennym t'ort? ~) Cómo te chamas?
Cre'n ennym t'erriu? ~) Cómo vos chamades?
Mish... ~) Eu son...
Slane lhiat ~) Adeus
Cre shoh? ~) Que é isto?
Slaynt ~) Saúde (ó beber)

Lorena Rozados Riverira y Bárbara Guillermo Rodríguez

O friulano


O friulano é unha lingua indoeuropea que pertence á familia itálica, e xunto ó romanche e ó ladino, forman a rama dos Alpes centrais denominada retorromana.

Esta lingua durante os séculos X e XIII estivo moi influenciada polo alemán e o estado italiano reconóceo como lingua independente dende 1999.

O gran acontecemento que formou a base da lingua foi a chegada dos romanos. Os primeiros términos en friulano aparecen en actas administrativas no século XIII, pero só a partir do XIV os documentos fanse máis numerosos e, ademáis aparecen os primeiros testimonios literarios.

A maior parte do vocabulario friulano procede do latín. Destacamos que, ao longo da súa historia, houbo cambios morfolóxicos e fonolóxicos.

Actualmente a lingua conta con 720.000 falantes (furlans), principalmente na rexión italiana de Friuli-Venecia Julia (Friuli-Venezia Giulia). Por iso, introduciuse a ensinanza do idioma en varias escolas primarias. Existe tamén un xornal e unha cantidade de grupos musicais que utilizan o friulano nas súas cancións. Recentemente rodáronse dúas películas (Tierç lion, Lidrîs cuadrade di trê) e fíxose unha traducción oficial da Biblia ao idioma.


  • Algunhas palabras en friulano:

cjase = casa (del latín "casa, -ae")
scuele = escuela (del latín "schola, -ae")
man = mano (del latín "manŭs, -ūs" f)
lezion = lección (del latín "lectio, -nis" f)

Feito por: Laura Carrillo, Miriam García e Priscila Pérez.