O armiño é un dos carnívoros máis pequenos do mundo, pero tamén un dos máis sanguinarios.Pertence á familia das mustela e, dentro desta, á categoría das ermineas. Está moi estendido por Europa, viven nos bosques e nas estepas; atópase xeralmente en campo aberto. Adoita establecer o seu domicilio baixo unha chea de pedras ou nun tobo coidadosamente disimulado no corazón dun matoxo espiñento. Parece ser que os sebes son o seu lugar favorito. O armiño aliméntase principalmente de roedores, que persegue mesmo até dentro dos seus tobos.
Sandra Fandiño Diz, 1ºC
No hay comentarios:
Publicar un comentario