21 nov. 2008

Pro domo sua

No periódico "La Voz de Galicia", do día 17 de novembro do 2008, na sección de opinión, atopamos un artigo que trata dos posibles culpables da crise económica, entre os que están algúns dos países máis importantes da Unión Europea. Neste artigo atopamos o latinismo pro domo sua.

"La carencia de un sistema financiero europeo fue lo que permitió a Estados Unidos jugar siempre pro domo sua."

Este latinismo significa "polos seus propios intereses", e é unha frase tomada dun discurso de Cicerón á súa volta do desterro.

No hay comentarios: