4 nov 2008

Columbaria

Na antigüidade os Romanos colocaban as furnas con cinzas nas columbaria, ocos nas paredes de lugares propiedade de asociacións denominadas Collegia Funeraticia.

Este costume que polo menos aquí en Galicia eu nunca observei está presente en lugares tan diversos como EEUU ou Xapón.

Hoxe en día as columbaria poden ser unidades independentes ou poden formar parte dun mausoleo. Hai empresas que constrúen estas estruturas fóra do seu destino e logo son transportadas en camións. Ás veces as columbaria forman parte das igrexas, como no caso da Catedral da Nosa Señora de Los Ángeles (California). A construcción de columbarias dentro das igrexas está moi extendido, especialmente na Republica Checa. Na Igrexa Católica a cremación está aceptada e polo tanto tamén existen columbarias para os católicos, pero estas están nos cemiterios, pois os restos deben ser sempre enterrados. As columbaria son similares ós nokotsudo do budismo, lugares onde reposan as cinzas dos mortos e que tamén poden estar adosados ó templo ou ó cemiterio.

Na ilustración, interior de un columbarium en Oakland, California.

No hay comentarios: