
23 mar 2009
A Vila dos Misterios

19 mar 2009
Mons Vesuvius

O Vesubio é coñecido pola erupción do ano 79. Esta primeira erupción foi descrita por Plinio o Xoven pouco despois de que acontecese, por este motivo tamén se coñece como "erupción pliniana". Tivo unha duración de 18 horas aproximadamente. Calculase que a nube de gases chegou a medir 32 km.
O Vesubio ameazou en numerosas ocasións; no século XVIII entrou seis veces en erupción; no XIX oito; dende 1944 o Vesubio non se volveu ver en actividade.
Proclamouse o máis perigoso do mundo, pero a pesar de ser un volcán moi violento, os seus arredores están densamente poboados.
Rebeca Castro e Noelia Diéguez.
*Imaxe flickr
O Lupanar de Pompeia
Estas construccións tiñan as paredes decoradas con frescos e elementos eróticos.

O lupanar de Pompeia foi descuberto no século XIX e foi aberto ó público no ano 2006.
A súa construcción e do último período da cidade, e os elementos eróticos atópanse nas paredes desde a entrada principal.
* Imaxe da wikipedia
Os restos atopados en Pompeia
Ángela Brea y Tamara Alonso
As termas do foro

Dous corredores permiten o paso ó apodypterium dende onde se pasa ó frigidarium e ó tepidarium. Alí conservamos un gran braseiro que servía para quentar o ambiente. Directamente dende o tepidarium accédese ó calidarium calefaccionado con aire quente.
María Neira
Un decorado de hai 1929 anos

18 mar 2009
As cartas de Plinio el Joven

As cartas de Plínio, nunha linguaxe sinxela pero formal, proporciónanos una amplísima información sobre a historia e as costumes da súa época, así pois podemos encontrar cartas donde explica a vida cotidiá dun aristócrata asasinado mentres tomaba un baño, ou referencias moi ben documentadas sobre a erupción do Vesubio que destruíu Herculano e Pompeia e donde o seu tío Plinio el Viejo morreu.
Sendo estas cartas unhas das máis importantes debido a que nestas púidose saber o que aconteceu co Vesubio, de aí que agora as erupcións que acontecen ou poden acotencer como a que castigou Pompeia se coñezan como "erupcións plinianas".
Nas súas cartas Plinio relata a morte do seu tío e a erupción do volcán, aínda que en latín non existe a palabra volcán, relata como este se parece a un pino e dentro deste mesmo tema relata sobre a súa actitude ante a erupción, xa que daquela contaba cuns 19 anos.
Nas correspondencias de Plinio el Joven con Tácito describe estes temas:
"Entretanto, en numerosos puntos en las laderas del Vesubio podían verse enormes incendios y altísimas columnas de fuego, cuyo brillo y resplandor aumentaba la oscuridad de la noche."
"Me pides que te describa la muerte de mi tío para poder dejar a la posteridad un relato más verídico de la misma. Te doy las gracias, pues me doy cuenta de que su muerte alcanzará, si es celebrada por ti, una gloria inmortal."
(foto:de citas latinas,blogue)
17 mar 2009
A casa do fauno

A casa do Fauno é unha das máis luxosas construcións de Pompeia. Estas divindades eran na mitoloxía romana unha das máis populares e antigas, e identificados co grego Pan debido á similitude dos seus atributos. A casa ten os seus orixes na idade samnítica, cando era ampla pero modesta. A finais do século II a.C. pasa a ocupar unha mazá enteira e recibe a suntuosa decoración a base de estuco (unha pasta de gran fino empregada especialmente para enlucir paredes e teitos) e mosaicos. Na parte anterior da entrada atópase o saúdo HAVE. que en latín quere dicir ''benvido''. O ingreso está provisto dunha porta dobre e no vestíbulo atópanse dous atrios, un deles, o principal, contén unha pequena fonte cunha pequena estatua dun fauno danzante que lle dá o nome á casa.
Suponse que era a morada do sobriño do dictador Sila, quen tivo a misión de organizar a colonia romana e de conciliar os intenreses dos colonos cos antigos habitantes. Nun dos pisos da casa atopouse unha das máis grandes e belas escenas realizadas en mosaico: a Batalla de Issos, entre Alexandre Magno e Darío III Codomano, que actualmente se conserva no Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles.
(Na imaxe, tomada por ''Tintern'', móstrase a estatua do fauno que preside o atrio principal da casa)
13 mar 2009
A Pompeia sepultada: os moldes ocos
Os graffitis

As inscripcións eran realizadas por individuos con un nivel de alfabetización baixo ou escribas, aos que se lles pagaba, e facían anuncios de tipo político ("solicítase a elección de Gneo Helvio como edil, un home digno do exercicio público"). Outras moitas anotacións eran anonimas, o que demostraba o alto coñecemento do latín entre os seus habitantes; moitos eran capaces de lelo e tamén de escribilo.
Os graffitis eran unha representación da realidade social da época na cidade, reflectida sobre personaxes anónimos dos que de outro xeito, non poderíamos saber nada.
Na imaxe, un exemplo de anuncio dunha taberna no cal se pode ler : "ABEMUS INCENA PULLVM PISCEM PERNAM PAONEM", o que significa; temos comida, polo, peixe, xamón e pan.
Templo de Apolo.

En Pompeya, tal e como o demostraron as investigacións realizadas na área deste templo, remóntase ó século VI a.C., así pois o seu aspecto actual recolle unha remodelación do século II a.C. e unha restauración posterior ó terremoto do 62 d.C., que ó momento da erupción aínda non se rematara.
Nese recinto tamen se supón que non só se rendía culto a Apolo senon que tamen as divindades Diana Cazadora e Mercurio.
Gabriel Maneiro García e Jesús Neira Loureiro.
* Imaxe de Celadus en Flickr
12 mar 2009
Pompeia

Serán agora os alumnos de 1º de Bacharelato de latín os que nos falen dalgún dos moitos misterios que rodean este acontecemento, desvelados algúns, ocultos aínda outros.
Coñeceremos a técnica dos moldes ocos, os grafittis que adornaban as paredes, o lupanar, a erupción do Vesubio, as cartas de Plinio, o templo de Apolo, a Vila dos misterios, a casa do Fauno...
* imaxe propia