Mostrando entradas con la etiqueta pedagogo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pedagogo. Mostrar todas las entradas

21 jun 2011

Pedagogos en Roma



-Educación elemental:
A educación primaria estaba destinada aos nenos de 7 a 11 anos. A ensinanza podíase impartir en casa a cargo dun profesor particular. Os nenos eran acompañados polo paedagogus, escravo de confíanza, á clase polo capsarius que era o escravo encargado de levar a capsa que era o estoxo escolar.

-Educación secundaria:
A educación secundaria era impartida polo gramaticus, a el acundían nenos de 12 a 16 anos, xeralmente de familias adiñeiradas. O gramaticus cobraba catro veces máis que o magister.
Estudábanse os clásicos gregos e latinos, e comentábase o lido, e estudábase gramática.
Os textos dictábanse e os alumnos debían aprender a pronuncialos correctamente e a lelos con sentimento, tiñan que comprender o texto e aprender pasaxes de memoria.
Os autores máis lidos eran HOmero, Virgilio, Cicerón, Terencio etc. Ademáis do latín aprendían grego, que xeralmente o seu pedagogus xa ensinara dende pequeno.



8 may 2010

Paedagogus

Os paedagogus (do grego παιδαγωγός, o que leva, o que conduce ao neno) eran case sempre escravos gregos que se ocupaban dos rapaces romanos na súa primeira etapa da vida, dende que nacen ata os sete anos. Estes, ás veces, abrían as suas propias escolas. Ao longo do tempo comezou a expandirse o seu significado ata acadar todas as etapas da vida, encargándose de reeducar a presos, de guiar a persoas hospitalizadas, de ser Recursos Humanos en diferentes empresas, de orientador laboral, persoal, familiar e escolar en centros públicos e privados, entre outros empregos.
Imaxe obtida da páxina web Rutas del Sur
Información obtida dos apuntes do profesor e da Wikipedia galega