O friulano é unha lingua indoeuropea que pertence á familia itálica, e xunto ó romanche e ó ladino, forman a rama dos Alpes centrais denominada retorromana.
Esta lingua durante os séculos X e XIII estivo moi influenciada polo alemán e o estado italiano reconóceo como lingua independente dende 1999.
O gran acontecemento que formou a base da lingua foi a chegada dos romanos. Os primeiros términos en friulano aparecen en actas administrativas no século XIII, pero só a partir do XIV os documentos fanse máis numerosos e, ademáis aparecen os primeiros testimonios literarios.
A maior parte do vocabulario friulano procede do latín. Destacamos que, ao longo da súa historia, houbo cambios morfolóxicos e fonolóxicos.
Actualmente a lingua conta con 720.000 falantes (furlans), principalmente na rexión italiana de Friuli-Venecia Julia (Friuli-Venezia Giulia). Por iso, introduciuse a ensinanza do idioma en varias escolas primarias. Existe tamén un xornal e unha cantidade de grupos musicais que utilizan o friulano nas súas cancións. Recentemente rodáronse dúas películas (Tierç lion, Lidrîs cuadrade di trê) e fíxose unha traducción oficial da Biblia ao idioma.
- Algunhas palabras en friulano:
cjase = casa (del latín "casa, -ae")
scuele = escuela (del latín "schola, -ae")
man = mano (del latín "manŭs, -ūs" f)
lezion = lección (del latín "lectio, -nis" f)
Feito por: Laura Carrillo, Miriam García e Priscila Pérez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario