05/11/2009

Alfabeto Cirílico


O alfabeto cirílico foi inventado no século X por un misioneiro do imperio bizantino en Bulgaria. Este alfabeto esta baseado no alfabeto grego con caracteres do alfabeto glagolítico, foi creado por dous santos: san Cirilio e San Metodio. Estes santos eran misioneiros do imprerio bizantino que o crearon, para traducir, unha biblia aos pobos eslavos no s. IX. Este idioma usouse pola igrexia ortodoxa rusa entre os séculos IX e XII. No século XIV surxe o eslavo eclesiástico. usado hoxe en dia no culto. Entre as linguas que usan este alfabeto encontranse:abjaso ,azerí, bielurruso , búlgaro, kazako, komi, macedonio, moldavo, mongol, ruso, serbocroata, tártaro, tayik, ukranio, uzbeco, yakuto y otras varias. Algunhas destas linguas escríbense tamen en alfabeto latino.

Lara Dono Núñez e Nerea Cernadas Alvarez

04/11/2009

O ALFABETO GREGO


O alfabeto grego é unha forma de escritura gráfica que se usa para escribir na lingua grega. Está desarrolado a partir do alfabeto fenicio arredor do S.IX a.C. e continúase usando na actualidade en Grecia e Chipre. Antes da elaboración do alfabeto, os gregos empregaban un
silabario para a escritura chamado sistema lineal B empregado en
Creta e zonas de Grecia como Micenas ou Pilos.
O lineal B desarrolouse a partires do lineal A , empregado para escribir en eteocretense,
unha lingua proto-indoeuropea. Crese que o alfabeto grego deriva dunha variante do
alfabeto fenicio,introducido en Grecia por mercaderes da mesma nacionalidade. O alfabeto fenicio non empregaba signos para representar as vocais, polo que os gregos usaron algúns signos fenicios para indicar aspiración para representar as vocais. Este aporte é fundamental ,
xa que a inmensa maioría dos alfabetos con signos vocálicos derivan da aportación orixinal grega. Ademais destas letras ,o Grego engadiu tres letras novas ó final do alfabeto para representar sons aspirados non existentes en Fenicio.

Hoxe en día no alfabeto grego os sons pronuncianse diferentes e consta de 24 letras.
Alejandro Ayude Sánchez e Alberto Montero Rey.

O Alfabeto Sículo

Procedencia do alfabetos Sículo.
Alfabeto sículo radicado en Sicilia, e derivado do grego occidental. As palabras non se separan.
Cronoloxía e Etimoloxía.
Os sículos(latín) era una das tres principaies tribus que habitaban Sicilia antes da chegada dos colonizadores gregos. Pasaron a Sicilia desde Italia e estableceronse na parte central e septentrional da illa, desplazando ós sicanos cara a parte meridional e occidental. Os elimos vivían na parte occidental da illa. Os sículos deron a Sicilia o nome que se mantivo dende a antiguedade, pero fusionáronse rápidamente na cultura da Magna Grecia.
A súa chegada á illa foi establecida arredor do 1400 a.C.
Curiosidades.
Na imaxe inferior móstrase una inscripción sícula en bustrofedón(*)coa sua trascrición, do século V antes de Cristo. Trátase do vaso de Centuripe .

Bustrofedón(*): Escritura de esquerda a dereita e de dereita a esquerda, alternativamente, á semellanza dos surcos que trazan os bois arando. Empregouse no alfabeto grego arcaico e noutros sistemas de escritura antigos.








Noa Pérez Saborido e Sandra Álvarez Carbón

28/10/2009

Alfabeto Godo



É unha lingua xermánica extinta, que coa lingua dos burgundios, vándalos, hérulos e rugenos constituía o grupo germánico oriental.
A diferenza das últimas, das cales só se coñecen algúns nomes propios e algúns sustantivos, o gótico e coñecido por fragmentos que se conservan da traducción da Biblia, efectuada por Ulfilas, que convirteu e evanxelizou aos godos, do Danubio, e foron conducidos por o mencionado obispo no ano 348 o outro lado do río, cerca de Nicópolis, para que pudiesen escapar das persecucións anticristiáns decretadas por Atanarico.
A obra de Ulfilas foi de gran importancia. Tivo que crear primeiramente un alfabeto proveniente do grego, pero con rasgos latinos e rúnicos, e solucionar a continuación dos complicados problemas relacionados coa semántica. O gótico desempeña un papel fundamental na comparación lingüística indoeuropea; en efecto, e a primeira lingua xermánica documentada.

Belinda y Bárbara

26/10/2009

O alfabeto Xaponés



O alfabeto xaponés provén do alfabeto chinés, este foi levado, por medio de Corea a Xapón no século IV.
O xaponés chamado Romaji fai uso do alfabeto romano. Este e usado , por exemplo, para escribir nomes de empresas, marcas ou siglas globalmente coñecidas como CD.
Existen distintos tipos de romanización como o Hepburn (o máis utilizado, sobre todo en páxinas web) ainda que ó oficial xaponés é o chamado Kunrei-shiki.
Os xaponeses utilizan modernos métodos de escritura , pero o máis utilizado día a día é o lápis, tamén se usa o pincel, os que usan este método son considerados artistas e como referente en canto a personalidade.


Martín Mella e Catuxa Casal

24/10/2009

Alfabeto Húngaro

O sistema de escritura runa húngara é alfabético e derivou do turco Kok, estando en uso entre os siglos XVI o XVIII d. C. O sentido da escritura é de esquerda a dereita. Na actualidade, o húngaro é a lingua oficial da República de Hungría, con unha cifra aproximada de 10 millóns de falantes en Hungría, más de tres nas rexiones colindantes.







A runa magiar ten 32 caracteres dos cales 7 son vocais. Non obstante existe unha lista de signos da antiga escritura húngara procedente do 1.483 e impresa na cidade de Nüremberg, que conten un total de 45 signos. As consonantes que usa o húngaro son as do alfabeto romano excepto a q, w, x, y. Ademáis existen os dígrafos: dz, dzs, sz, zs, cs, ty, gy, ny, ly. Os dous primeros hoxe en día apenas aparecen.


Feito por Carlos Blanco Bernárdez e David Cofán Mazás

22/10/2009

Alfabetos

Quizais o alfabeto sexa un dos grandes inventos da humanidade. Con moi pouco signos podemos expresar ideas moi complexas, sentimentos...
Estamos acostumados a escribir e a ler o alfabeto latino, pero non é o único. Esta vez serán os alumnos de 4º de ESO de latín os encargados de realizar unha serie de entradas sobre os alfabetos do mundo.

Imaxe: alfabeto cirílico en corteza de Vidueiro. Nóvgorod (10251050) Fonte: wikipedia