21 nov 2008

Rictus


O luns día 18 de novembro, no diario "El Mundo", sección de deportes, aparece o latinismo "rictus", nun artigo relacionado cun partido benéfico contra a pobreza, entre os equipos formados por Zidane e Ronaldo.
"El rictus preocupado del Santiago Bernabéu era la sonrisa de Fez."
Rictus é un latinismo que se refire á posición que se adopta na que a boca está entreaberta cunha expresión marcada no rostro ou nos beizos dando unha sensación de risa ou sorpresa.
No contexto da noticia do periódico fai referencia a que no Santiago Bernabéu os dirixentes están incrédulos e sorprendidos, mentras que en Fez reinaba a alegría e a felicidade polo partido a prol da paz.

No hay comentarios: