Mostrando entradas con la etiqueta Xúpiter. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xúpiter. Mostrar todas las entradas

6 jun 2010

Leda e o cisne


Ficha técnica:
· Autor: Antonio Allegri Corregio
· Data: 153o-1531
· Ubicación actual: Museo Gemäldegalerie de Berlín
· Material: óleo sobre lenzo 152 x 191
· Estilo: Renacemento Italiano

Xúpiter era o deus supremo, señor dos deuses e dos homes e principal dos deuses olímpicos. Xúpiter estaba casado con Hera pero lle era infiel moitas veces, nalgúns casos convertido en animal.

Leda era a esposa de Tíndaro e unha das princesas de Etolia. Xúpiter namorouse dela, e seduciuna presentándose en forma de cisne mentres que ela se bañaba. Según a lenda despois de esa unión Leda puxo dous ovos, dun deles naceu Helena que vai a ser a causante da guerra de Troya polo rapto de Paris, e Polúx un dos Dioscuros*; do outro ovo naceron os fillos de Tíndaro: Castor, o outro dos Dioscuros, e Clitemnestra, que acabará sendo a esposa de Agamenón.

Corregio, ofrécenos nun mesmo cadro diferentes momentos da historia.
No centro podemos observar a Leda que esta sendo acariciada polo cisne (Xúpiter). Leda parece que rechaza a Xúpiter co seu corpo, aínda que o seu rostro indique o contrario. Á esquerda podemos diferenciar a Cupido que sostén unha lira, acompañado de dous infantes. E á dereita, atopamos ás doncelas de Leda quitandolle as súas roupas mentres que ela contempla a un bonito cisne branco que voa.

*Dioscuros: dous famosos héroes, irmáns xemelgos cuxa nai era Leda, pero tiñan pais diferentes.

30 may 2010

A mitoloxía na arte. O rapto de Europa.

Por fin apareceron os deuses e deusas gregos e romanos nesta recta final do curso. Na clase de 4º de ESO de latín imos estudiar a gran influenza que tivo a mitoloxía clásica na historia da arte. E para iso cada un de nós vai elixir unha obra de arte (unha pintura, unha escultura, unha peza de cerámica...) que represente unha escena mitolóxica. Co que aprendemos previamente será doado interpretar o que sucede na mesma e poder así explicarllo aos compañeiros na clase e publicalo logo no blog.
Empezarei eu coa historia do rapto de Europa, representada no cuadro anterior.

Ficha técnica:
  • Autor: Veronés
  • Data: 1580
  • Ubicación actual: Palacio Ducal de Venecia.
  • Material: óleo sobre lenzo
  • Estilo: Renacemento italiano
Xúpiter, para lograr conseguir os favores da fermosa Europa, filla do rei de Sidón, adoptou a forma dun fermoso touro e mesturouse co rabaño do rei. A rapaza, que xogaba coas súas amigas preto do mar, non tivo medo en acariñar e subirse logo a ao lombo do animal, xa que este se mostraba manso e agarimoso coas xoves. Mais logo foise achegando pouco a pouco ao mar e ao final marchou con Europa ata Creta, onde puido por fin conseguir o que desexaba, nacendo desta unión numerosos fillos.
No cuadro está narrada esta historia por medio dun recurso medieval, onde nos mostra, en tres planos sucesivos, os diversos episodios da historia: na primeira imaxe vemos a Europa axudada polas amigas a subirse ao touro e ao animal bicándolle suavemente un pé. Logo vemos como, animada pola mansedume do mesmo, vai montada enriba del. E ao final vémolos xa no medio do mar, entre a desesperación das outras mulleres.

11 jun 2007

Zeus / Xúpiter

Escultura de Xúpiter Tonante no Museo do Prado (Madrid, España). Fotografía feita por Dodo o 14/11/2004.
Poida que esta obra fose a imaxe de culto do templo consagrado a Xúpiter Tonante en Roma. En tal caso, sería a mandada a esculpir por Domiciano no século I. Levaba o raio na man dereita e apoiaba a esquerda nun cetro, iconografía descoñecida polo restaurador barroco a quen se deben os brazos.