20 nov 2008

Referéndum

No xornal Latinoamericana Exterior, no que se tratan os temas relacionados coa situación dos inmigrantes de latinoamérica e que se publica para a xente que non se encontra actualmente nel, aparece o seguinte latinismo: referéndum. Esta palabra aparece no seguinte titular, nunha noticia que ten relación cunha marcha, na que terá aparición o presidente de Bolivia, para manifestar o seu desacordo coa idea de realizar unha votación para redactar unha nova Constitución, que propón o Congreso:
"Referéndum de la Constitución".
O significado que ten este latinismo no contexto é: unha votación que se realiza sobre unha proposta, en este caso, unha convocatoria para poñer en funcionamento unha nova Constitución.

Fonte: Xornal Latinoaméricana Exterior.
Número 84. 15 de Octubre de 2008.

No hay comentarios: