Mostrando entradas con la etiqueta Afrodita. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Afrodita. Mostrar todas las entradas

3 jun 2010

O Xuízo de Paris


  • Autor: Peter Paul Rubens
  • Data: 1639
  • Ubicación actual: Museo del Prado, Madrid
  • Material: Óleo sobre lenzo
  • Estilo: Barroco

Esta obra narra a lenda da boda de Tetis e Peleo. A aquela boda non fora invitada a deusa Eris, esta cabreouse e decidiu mandarlles unha mazá de ouro. Nesa mazá de ouro estaba inscrita a frase: "Para a mais fermosa". Afrodita, Atenea e Hera pelexaban porque pensaban que a mazá era para elas, entón decidiron ir a que Zeus elixira a máis fermosa. Zeus, que non se queria meter en problemas, elixíu a un xove mortal chamado Paris. Cando chegou á hora do xuízo cada deusa ofrecíalle a Paris un poder ou algunha cousa. A deusa Atenea ofreceulle a sabedoría na guerra, a deusa Hera ofreceulle todo o poder e Afrodita ofreceulle o amor da muller mais fermosa, Helena a esposa do rey de Esparta, Menelao. Paris decidíuse por Afrodita e gañou ó amor da muller mais fermosa helena. Paris raptou a Helena e o rey Menelao ao enfadarse decidiu emprender a guerra contra Troya. No cadro observáse a Hermes, mensaxeiro dos deuses, coa mazá na man, a Paris sentado nunha pedra e con xesto pensativo e as deusas. Afrodita acompañada do seu fillo cupido, Atenea cas armas nos pes e a Hera con un pavo real ao lado.


5 jun 2007

Venus / Afrodita

O nacemento de Venus
Autor: Sandro Botticelli Ano:1485
Técnica: Temple sobre tea.
Dimensións: 172x 278 cm.
Ubicación:Galeria dos Uffizi. Florencia.
O seu nome en grego é Afrodita.
Os seus atributos son a cuncha, a pomba e a mazá.
Identifícase como a deusa do amor e da beleza.
Hai diferentes mitos sobre o seu nacemento.
Un di que é filla de Zeus e da titánida Dione; outro mito faina nacer da escuma do mar.
Tivo un fillo con Hermes chamado Cupido que se representa con arco e frechas.

31 may 2007

Hera/xuno

Esta escultura é unha réplica en mármore dunha imaxe de Hera Campana da época Helenística do s. II d.C. O seu escultor é descoñeccido. Atópase no museo do louvre en París, Francia.

É a irmá e esposa de Zeus, malhumorada raiña do Olimpo. É a protectora do matrimonio. É moi celosa, dende logo con motivos, por culpa do seu infiel marido.
Nunca perdoou ao pastor troiano Paris que pospuxese a súa beleza á de Afrodita no famoso Xuízo de Paris.
Odia ás mulleres amadas polo seu marido e aos fillos que de elas tivo. Ben o sufriu Heracles nos seus Doce Traballos.