10 nov 2008

Os ritos funerarios dos ricos.


As persoas máis ilustres da Roma antiga tiñan dereito a unha cerimonia luxosa e complexa. O proceso de enterramento era a incineración, que se realizaba nunha pira, onde se queimaba o cadáver con flores e perfumes. (Logo os familiares recollían as cinzas e as colacaban nunha urna. En moitos casos estas urnas tiñan a forma do busto do difunto).

O rito funerario comezaba trala morte do romano, pois xusto despois realizábase a conclamatio, que era a repetición do nome do difunto tres veces para asegurarse de que estivera morto ou non. Logo limpábase o cadáver e unxíanse con aceites, vestíase e expoñíase no atrio da casa.

Despois procedíase á súa quema, pero antes, pasando por un cortello fúnebre, onde precedido do seu retrato iban os dos seus antepasados, os familiares e unha comitiva de músicos, bailarines, plañideiras etc Sempre marchaban cara o Foro, onde se pronunciaba o laudatio funebris.

Era moi normal que estas familias colocaran epitafios nas tumbas, onde aparte dos seus datos tamén se lle podían adicar o incluso deixar mensaxes persoais do propio morto.

No hay comentarios: