A lingua manesa (tamén coñecida como gaélico manés, manx en inglés) é unha lingua celta que se fala na illa de Man, situada no Mar de Irlanda.
No século V, os gaélicos procedentes de Irlanda invaden a illa, traendo a súa lingua céltica, que, cos séculos, evolucionaría ata se converter na actual lingua manx.
O illamento da illa e a súa dependencia da coroa inglesa (logo británica) a partir do século XIV fixeron que o manx adoptase unha grafía baseada no inglés e non noutros idiomas celtas.
A mediados do século XIX comezou a súa decadencia. En 1831 falábao regularmente o 30% da poboación; en 1901 só o falaban 970 persoas e o último falante nativo de manx, Ned Maddrell , morreu en 1975 á idade de 97 anos.
Hoxe en día, o manx sobrevive grazas a un pequeno número de persoas que o aprenderon como segunda lingua e que intentan potencialo fronte ao inglés, a súa lingua materna. En 2001 un 2.2% da poboación da Illa de Man, 1.689 de 76.315 habitantes, aseguraba poder desenvolverse en manés, aínda que en graos diversos.
Frases e palabras típicas en manxés:
Manxés ~) Galego
Failt ~) Benvido
Hello ~) Ola
Kys t'ou? ~) Que tal estás?
Kanys ta shiu? ~) Que tal estades?
Moghrey mie ~) Bos días
Fastyr mie ~) Boas tardes
Oie vie ~) Boas noites
Gura mie ayd ~) Moitas grazas
Cre'n ennym t'ort? ~) Cómo te chamas?
Cre'n ennym t'erriu? ~) Cómo vos chamades?
Mish... ~) Eu son...
Slane lhiat ~) Adeus
Cre shoh? ~) Que é isto?
Slaynt ~) Saúde (ó beber)

Lorena Rozados Riverira y Bárbara Guillermo Rodríguez
No hay comentarios:
Publicar un comentario