A morte está concevida pra deixar pegada nos vivos e polo tanto todo o que se refire ós enterros romanos serán actos públicos, pensados e meditados previamente. Un romano non morría sen máis, sempre deixaba como legado unha herdanza, escrita nuns papiros.
Estas bobinas de papel papiro eran entregados ás vestais, e estas os colocaban en cuadrículadas estanterías onde eran clasificadas, elas eran as encargadas de custodialas e entragalas cando eran requeridas, algúns constaban de pequenas contas sobre todo cando o falecido non tiña demasiadas posesións, outros en cambio constitúen aunténticas xoias non só polos comentarios persoais senón pola extensión das riquezas.
O testamento, unha vez que se constataba o falecemento, era lido nun acto público e popular, maior canto aumentaba a importancia do falecido, neste non so se deixaba constancia do legado material senón que en moitas ocasións o difunto deixaba patentes opinións persoais sobre os amigos, achegados, parentes ou incluso ó mismísimo César, facendo público o seu malestar ou alegría con grandes alabanzas ou os maiores insultos, todo isto aportou grandes risotadas ou grandes desprezos deixando nunha situación incómoda ós supostos amigos do falecido, xa que éste non se privaba de facer revelacións públicas. Paralelamente á lectura das opinións expresadas polo difunto sobre a súa vida, tamén houbo a lectura pública do legado material que este entregaba. Un cidadán de ben deixaba a herdanza repartida entre a súa familia, amigos, e unha parte ós séus escravos que podían ser cantidades de diñeiro ou ben, se había sorte, que o señor liberara ó escravo que lle servera fielmente durante anos. Así mesmo tamén era unha costume romana o nombrar a unha serie de persoas alternativas ou de reserva, que eran os encargados de recibir unha parte da herdanza se algún dos beneficiarios renunciaba á herencia do defunto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario