28 feb 2009

CORDUBA

Poblado ibérico ubicado ao borde do Guadalquivir, entre Sierra Morena e a campiña, presumiblemente as primeiras lexións romanas comenzan a establecerse no seu solar hacia o año 206 a.C.37 an os despois,no 169 a.C.,o pretor Claudio Marcelo convirtea en cidade.

A fundación da primeira Corduba romana parece deberse á elección do lugar como emplazamento das tropas. Pou co mais tarde, hacia eo ano 152 a.C., modifica a sua ubicación e convirtese na colonia latina, estatus que mantuvo durante todo o periodo republicano.

Doble cidade indíxena-romana.Así, o distrito romano colocariase x unto ó foro, mentre s queo l indíxena estaría sobre a primitiva e orixinal ubicación da primeira Corduba.

Excepcional importancia para a cidade que tivo a construcción da Vía Augusta, que enlazaba Linares con Cádiz e a provincia bética co resto da Península. O paso de esta vía pola cidade faciase mediante o ponte que cruzaba o Guadalquivir,naceron en Corduba ilustres figuras do mundo romano como Séneca,Lucano, Lucio Julio Paulino, Cayo Valerio ou Lucio Cornelio.

23 feb 2009

Emerita Augusta



A cidade de Emerita Augusta foi fundada no ano 25 a.C polo emperador Octavio Augusto, como presente para os emeriti (cuxo significado en latín era "retirados") das dúas lexións veteranas das Guerras Cántabras. Estes eran os soldados licenciados do exército romano, ós cales recibían ou ben cartos equivalentes á paga de doce anos ou ben parcelas de terra.

Converteuse na capital da provincia lusitana e pronto comezou a constituír un importante foco na rexión. Nela confluían importantes vías de comunicación e estaba rodeada de grandes extensións de terra productiva, mananciais, fontes de materiais de construción...

No centro da cidade creouse o Foro Municipal, onde se construiron os templos de Diana e Marte. No ano 15 a.C, Marco Agripa, amigo e colaborador de Augusto, dona o teatro. Uns anos máis tarde finalízase a construción do Anfiteatro, situado a carón do teatro, e do circo, que é un dos mellor conservados. No ano 50 construíuse un novo foro, o chamado Provincial, ó que se accedía a través do Arco de Traxano. Na cidade existen diferentes conxuntos termais, construídos entre o s. I a.C e o s.IV.



*Imaxe: o teatro romano de Emerita Augusta visto por Xavier Fargas.

Asturica Augusta


A cidade de Asturica Augusta chamada actualmente Astorga comenzou a crecer cando recibiu o asentamento da Lexion X co emperador Octavio Augusto, do cal recibeu o nome a cidade.

O máis importante era a Vía da Plata, que iba dende Astorga a Extremadura, e tamén polas rutas do norte, polo cal circulaba o ouro máis a prata. Tamén destacan as Termas, que se dividian en termas maiores e as menores. As termas maiores para a sociedade e as menores para a alta sociedade. A Muralla, o Acantarillado, a Domus do Mosaico do Oso e dos Paxáros que é una vivenda de unha soa planta.

*Imaxen: Astúrica Augusta vista por Javier G. M.

21 feb 2009

BAELO CLAUDIA

Foi unha cidade marítima, posto que o seu porto era o principal da Hispania que entraba en contacto co norte de África. Trátase dun asentamento comercial especializado na salazón de pescado e no garum. (Como se pode observar nas moitas pilastras especias para esta actividade, que alí se conservan). Baelo Claudia conta con restos de Tabernae (Tendas) e Macellum (Mercado).
Costruída sobre o antigo asentamento fenicio da cidade de Bailo Baelokum, posuía entre outras cousas o grao de Municipium, outorgado polo emperador Claudio.
Coma case tódalas cidades romanas tiña a tríada capitolina (Xuno, Xúpiter e Minerva). Tamén posuía un templo á deusa egipcia Isis. Contaba con tres acueductos, unha curia, un circo, unhas termas e mais un foro.
A partires da segunda metade do século II d.C. esta cidade entrou nunha etapa de crisis que a levaría a ser deshabitada no VII a.C.: Un maremoto seguido de consantes invasión de piratas e mais bárbaras.
As ruinas de Baelo Claudia atópanse no "Parque Nacional del Estrecho", na provincia de Cádiz.

ITÁLICA

Itálica é unha antigua cidade romana situada no actual Santiponce (Sevilla). Foi fundada no ano 206-205 a.C. Itálica foi a primeira cidade romana fundada en Hispania e tamén fóra de territorio italiano.

Son numerosos os restos desta época, e consta que as súas murallas foron restauradas por Leovixildo no ano 583, no marco das súas loitas contra Hermenexildo. A planta da cidade orixinal era de tipo campamental, como costume nas colonias militares da época na propia Italia.
O conxunto arquitectónico desta antiga cidade é moi amplo dende un enorme anfiteatro a diferentes e importantes casas, pasando por un teatro de grandes dimensións e por un suposto templo de Traxano.


*imaxe:TwoThumbs

18 feb 2009

Tarraco


Tarraco foi fundada polos irmáns Escipións nas proximidades dun oppidemium ibérico de finais do século V a.C. Cando o asentamento militar se fixo estable, chegaron a ela comerciantes e cidadáns romanos que buscaban unha nova terra de oportunidades. Alí reuniu César ós seus legados durante a guerra civil contra Pompeio e polo valor dos tarraconenses a súa cidade foi premiada co rango colonial no 45 a.C. co título de Colonia Iulia Urbs Triumphalis Tarraconensis. Durante o imperio convertiuse na capital da Hispania Citerior e máis tarde da Tarraconensis.

Entre os restos máis importantes podemos destacar o anfiteatro (na foto), o pretorio, o arco de Bará, un acueduto ou a famosa torre dos Escipións, que recibe este nome por unha falsa interpretación dos seus relevos. Estes non representan ós irmáns, senón á Atis, deusa oriental de culto funerario.


Imaxe: Tarraco vista por Alvaro_chiron

16 feb 2009

Saguntum

Saguntum, cidade de orixe grega e aliada de Roma, no 219 a.C foi asediada por Aníbal debido á sua colocación estratéxica. Tralo asedio, Aníbal encontrou unha cidade totalmente derruida, o que enfureceu a Aníbal xa que gastara tempo, enerxías e soldados na súa conquista. Conta a lenda que os habitantes de Saguntum, decidiron prenderlle lume a todo e incluso a eles mesmos. Así comezou a 2ª Guerra Púnica entre Roma e Cartago.

Esta cidade foi reconstruída anos depois polos romanos, nela construíron un circo na parte baixa da cidade e un teatro con capacidade para oito mil persoas. Ademáis tamén tiña un enorme foro do cal se conserva unha inmensa cisterna que abastecía á cidade de auga pero hoxe en día non se ve porque se atopa baixo terra, no museo arqueolóxico encontrase unha maqueta para que os visitantes se fagan unha idea das suas dimensións. Hoxe en día tamén se conserva unha inscripción no foro, a inscripción a Pompilia Rectina e a porta dos circo.

* Imaxe: Saguntum vista por PacoQT ©

As cidades da Hispania romana

Ruinas romanas de Segóbriga
As ruínas urbanas son a pegada do noso pasado. Os romanos fixeron que os castrexos baixaran aos vales e abandoaran os castros, aínda que máis adiante volveran a eles.
Os asentamentos indíxenas cambian a súa fisonomía, incorporando novidades urbanísticas: o foro, as basílicas, os templos, os edificios de espectáculos (anfiteatro, circo), os acueductos, as vías, os monumentos triunfais (arcos, columnas).
As entradas que seguirán percorrerán as cidades principais da Hispania romana, nesta ocasión da man dos alumnos de Latín II.

* Imaxe: Segóbriga vista por Tony Madrid

9 feb 2009

Colosseum



Este gran monumento na orixe era denominado "Amphitheatrum Flavium". Data a súa construcción entre o ano 70 d.C. e o 80 d.C. Está situado no centro da cidade de Roma. Usouse durante casi 500 anos. Celebrandose os últimos xogos do século VI.
As loitas de gladiadores, e moitos outros espectaculos como naumaquias, caza de animais, execucións, etc. tiñan lugar aquí. Maís tarde utilizouse como refuxio, sede crisitiana, fábrica, e sobreviveu a varios terremotos.
Actualmente é o monumento maís emblemático de Roma, recibindo miles de visitantes no seu interior cada ano e acaba de ser nomeado unha das 7 maravillas do mundo.

Piazza del Campidoglio


Recibe este nome por estar situada no alto do outeiro do Campidoglio, o máis pequeno dos sete outeiros de Roma. Neste lugar creáronse na época clásica importantes templos romanos, investíase a cónsules e remataban as marchas triunfais dos emperadores victoriosos.
Co paso do tempo, a praza pasou a estar nun estado de deixadez e as cabras usábana como lugar de pasto, polo que se coñecía como colle caprino (cumio caprino).
Esta situación continuou ata o 1536, ano no que o papa Pablo III lle encarga a Michellangelo a súa reconstrución ante a chegada de Carlos V a Roma.
Michellangelo proxectou a praza, dándolle unha nova orientación cara a Basílica de San Pedro, en lugar de cara o foro como estaba anteriormente. Tamén ordenou poñer no centro a escultura de Marco Aurelio nun cabalo (actualmente nos Museos Capitolinos) , situada anteriormente na praza de San Giovanni. A praza contou finalmente con tres pazos; Palazzo Senatorio (actual sede do Concello de Roma), Palazzo dei Conservatori e o Palazzo Nouvo, e ca escalinata chamada Cordonata que conta coas estatuas de dous leóns, de Cola di Renzio, de Cástor e Pólux e dous trofeos de armas de mármore chamados Trofei di Mario.
Alba Constenla

8 feb 2009

Templo de Antonino e Faustina.


É o edificio mellor conservado do Foro Romano. Ábrese na Via Sacra, a o este da Basilica Emilia, frente a Regia. Componse dunha cella construida en bloques de toba volcánica, en orixen revestida de mármol veteado, un pronaos de seis columnas de orde corintio no frente e outras dúas en cada lateral, dunha altura de uns dezacesete metros. O friso presenta unha decoración de grifos enfrentados e motivos vexetales.
A súa construción foi ordenada por Antonio Pio á morte da súa esposa Faustina la Mayor no 141 d.C. No século XI transformouse na igrexa de " San Lorenzo de Miranda".

O Panteón de Agrippa




O Panteón (do grego Πάνθειον, que significa ''templo de tódolos deuses'') é un edificio romano orixinalmente construído como un templo aos deuses da antiga Roma. Históricamente recoñécese que foi o xeneral Marco Vespasiano Agrippa quen construiu o primeiro panteón no ano 27 a.C. Destruido polo fogo no ano 80, Domiciano reconstruiuno e foi de novo víctima dun incendio.
No 120, Adriano, inspirado nos templos gregos, planeou o definitivo panteón composto por tres corpos: o pórtico da entrada chamado pronaos, o domo chamado rotunda e unha transición entre ambos. Aínda que a entrada é monumentalmente espectacular, o seu maior atractivo é o domo de forma perfectamente semiesférica, cuns 43'30 metros de diámetro e cunha apertura circular no seu centro chamada oculus e duns 8'2 metros de diámetro, que é a súa orixinal fonte de iluminación.
É o mellor conservado de tódolos edificios romanos, e tal vez a mellor conservada do mundo segundo a súa antigüidade.
Dende o século VII, o Panteón utilizouse coma unha igrexa cristiana. Actualmente, é a estructura abovedada máis antiga que sigue en pé en toda Roma.
O término xenérico de panteón emprégase actualmente para referirse a un monumento no que están soterrados mortos ilustres.

Templo de Cástor e Pólux

Cástor e Pólux considéranse segundo a mitoloxía grega como os Dióscuros (en grego fillos de Zeus) fillos xemelgos de Leda e Zeus e irmáns de Helena de Troia e Clitemnestra. A súa paternidade é confusa; a versión máis coñecida é que sexan fillos de Zeus, pero noutras afírmase que Helena e Pólux eran fillos de Zeus, e polo tanto inmortais, e que Cástor e Climnestra eran fillos de Tíndaro (o marido mortal de Leda).
Durante a batalla do Lago Regilio (496 a.C) entre romanos e latinos, Cástor e Pólux levaron á vitoria ós Romanos e, tras anunciar a derrota do inimigo, desapareceron. Recoñecéuselles como os Dióscuros e o ditador Aulo Postumio Albino, en agradecemento pola súa axuda, dedicoulles un templo. Diante deste, os cabaleiros ofrecían sacrificios no seu honor. O edificio sufriu varias restauracións e reparacións durante os derradeiros anos e tralo incendio do 14 a.C.
Cóntase que os dous irmáns queríanse tanto que cando Cástor morreu Pólux pediulle a Zeus que non os separase e conseguiu que lle dera ao seu irmán o don da inmortalidade.
Dise que a constelación Xéminis representa a estes xemelgos, e as súas estrelas máis brillantes chámanse Cástor e Pólux no seu honor.
Pola súa habilidade como xinetes e nas guerras foron os protectores dos xogos olímpicos e máis tarde, en Roma, dos xogos do circo.

O templo de Vesta



O templo de Vesta está situado no Foro Romano, ao sur da Vía Sacra. É un dos edificios conservados máis antigos de Roma. No seu interior gardábase o lume sagrado, en honor a Vesta, a deusa do lume e do fogar. Tiña que manterse vivo constantemente, así como outros obxectos sagrados ós que só o Pontifex Maximus e as sacerdotisas vestais tiñan aceso. Precisamente aos seus pés atopábase a Casa das Vestais.

O edificio foi reconstruído en varias ocasións, pero conservouse a entrada orientada cara o leste e a forma circular da planta (inspirada nas cabanas da Idade de Ferro), a última á cal pertencen os restos conservados é da época de Xulia Domna, esposa de Septimio Severo no ano 191. O templo elévase sobre un podio duns 15 metros de diámetro, e conta con vinte columnas corintias embebidas. O teito era cónico e tiña unha abertura para a saída do fume. Unha cavidade en forma de trapecio que se abre no podio parece ser a ubicación do penus Vestae, onde se conservaban os obxectos que Eneas trouxo de Troia: o Paladio (imaxe de madeira de Minerva) e as imaxes dos Penates.

7 feb 2009

O arco de Tito

Este arco do triunfo está situado na Via Sacra ó sudeste do Foro e ó sur do Templo de Venus e Roma. É unha representación da victoria da guerra contra os xudíos. Esta representación está constituída en figuras do real e do divino. Nunha das escenas pódese ver un personaxe con ielmo, (a deusa Roma) e noutra, aparece a "victoria", que aparece como un ser con alas que coloca a coroa de laureles ó emperador. Tamén consta dunha inscripción na cal se pode ler: "O senado e o Pobo de Roma, ó divino Tito Vespasiano Augusto, fillo do divino Vespasiano." No seu interior tamén se pode atopar un recadro no cal unha bóveda artesonada reproduce a apoteosis de Tito conducido ó ceo por un aguia.Trátase dun arco dunha única apertura que mide aproximadamente uns 15.40 m de altura, uns 13.50 m de ancho e uns 4.75 m de profundade, revestido de mármol pentélico.

6 feb 2009

Templo de Venus e Roma


O templo de Venus e Roma situase no extremo oriental do Foro Romano. Era un dos templos máis grandes de Roma e estaba adicado as deidades Venus e Roma.
Foi construído polo emperador Adriano, empezándose en 121 e rematado no ano 141 por Antonino Pío. Esa construción realizouse sobre os restos do Domus Aurea de Nerón.
No ano 307, sufriu un incendio e foi restaurado polo emperador Maxencio. Introducíronse entón novas formas arquitectónicas. Entre os anos 392 e 394 restaurouse de novo.
Foi destruído por outro incendio a principios do século IX e convertido nunha igrexa, Santa María Nova, polo papa León IV, pasando a chamarse Santa Francesca Romana en 1615.
Adriano introduxo na súa construción unhas inscricións nomeando as deidades, nunha a palabra amor, xa que Venus era a deusa do amor e amor, o revés, e Roma, producindo un efecto simétrico.
Actualmente atópase en bo estado, aínda que só se conserva parte do edificio.

5 feb 2009

Columna de Traxano

A columna de Traxano é un monumento que se atopa no Foro de Traxano, e que foi erguido no lugar onde antes se atopaba o outeiro do Quirinal. É de orde dórica e mide tanto como o outeiro que alí se atopaba anteriormente ( 30 m. aproximadamente). Esta columna é un agasallo que o pobo lle fixo a Traxano polas dúas campañas victoriosas levadas a cabo por el contra os dacios, as cales están representadas por todo o fuste da columna separadas pola representación da Victoria. A parte superior da columna estaba coroada ca estatua dunha águia, que posteriormente foi cambiada por unha de Traxano, e onde na actualidade reside a estatua de San Pedro.

Coloso de Nerón



A estatua orixinalmente foi erixida polo emperador Nerón no vestíbulo da Domus Aurea. A estatua foi deseñada polo arquitecto grego Zenodorus e nun primeiro momento representaba a Nerón nu, como Sol-Helios. Tras a morte do devandito emperador, a cabeza e os atributos foron cambiados por os de Sol, permanecendo a estatua na súa posición orixinal, ata que Adriano a trasladou varios metros para a construción do Templo de Venus e Roma, situándose o Coloso sobre un pedestal de cachotaría recuberto de mármore. Os restos que se conservaban do devandito pedestal foron destruídos en 1936.
Non se sabe exactamente cando caeu o Coloso.

Basilica Aemilia


Esta basílica romana foi edificada no 179 a. C. baixo as ordes de M. Fulvio Nobilior e Marco Emilio Lépido, ós que debe o nome de “Basílica Æmilia et Fvlvia”. Reconstruccións posteriores levaron a que acabara por ser denominada “Basilica Aemilia”, xa que foi ampliada en anos seguintes baixo o mandato da gens Aemilia. A última restauración da que se teñen datos é a sucedida despois dun incendio en 410 a. C. A Basílica Aemilia está formada por unha grande aula de 70 x 29 metros, dividida en naves por filas de columnas. A nave central, que mide 12 metros, encóntrase flanqueada por dúas ó norte e unha de menor tamaño ó sur. No seu pórtico sitúanse dous pisos con dezaseis arcos sobre pilastras e por detrás deste pórtico ábrense as tres entradas de acceso ó interior, situadas entre "tabernae". Aínda que a función principal das basílicas era ser o lugar de reunión dos tribunais, esta tamén serviu como centro de reunións comerciais, xa que se atopaba rodeada de tabernae (tendas romanas).

Arco de Septimio Severo

Está situado entre os Rostra e a Curia, pechando polo nordeste a praza do Foro Romano. Foi construido no 203 d.C. para celebrar as dúas campañas contra Partos, levadas a cabo por Septimio Severo (195 e 197).
Está coroado por un alto ático cunha inscrición monumental que leva a dedicatoria a Septimio e os seus fillos.
Encima do ático, como testemuñan as moedas que reproducen o arco, había unha cuadriga de bronce cos emperadores.
Pero a parte máis interesante da decoración é unha serie de catro paneis, colocados sobre os arcos laterais, que representan episodios das dúas campañas contra os Partos.
A interpretación debe ser feita de abaixo cara arriba para que se entenda.
Todos os relevos que o decoran están relacionados coas campañas contra os Partos.

Arco de Xano

O cuádruplo arco é unha construción realizada en mármore as dimensións do cal son de 16 metros de altura e 12 metros de ancho. Polas análises levadas a cabo o arco posiblemente construíuse a principios do século IV d. C.; substituíndo probablemente outro construído no mesmo lugar.
O Arco de Xano non se pode considerar propiamente un arco triunfal, senón máis ben a súa función sería de indicar un dos límites do Foro Boario.
A estrutura presenta unha serie de interesantes nichos as medias dos cales cúpulas teñen forma de cuncha, e na antigüidade presentaban unhas pequenas columnatas que foron arrancadas na Idade Media, na devandita época, concretamente no século XIII d. C. construíuse unha fortaleza no ático do devandito arco.
Na base sueste do Arco áchase unha porta que conduce aos niveis superiores. Coroando o arco debeu de haber un ático, existindo a posibilidade de que o edificio estivese rematado por unha pirámide. Fragmentos da inscrición orixinal atópanse na próxima igrexa de San Giorgio ao Velabro.

María Prado Barros 1ºC

Domus Flavia


A Domus Flavia era utilizada como asemblea, mentras que a gran basílica do edificio servíalle ó emperador para recibir as visitas do estado. Foi construida sobre restos de antigos palacios.
O centro da Domus Flavia é un gran peristilo de cuxo pórtico tan só se onservan as bases dos piares, en cuxo centro hai unha fonte octogonal.
A Domus Flavia, xunto coa Domus Augusta, é un dos monumentos máis visitados polos turistas en Roma.

O templo da Concordia


O templo da Concordia na antiga cidade de Roma foi o principal templo da cidade adicado á deusa da Concordia. Atopábase no extremo occidental do Foro Romano. Poida que en orixe se remontase ao século VI a.C., pero non hai acordo sobre a súa data exacta. Foi destruído e restaurado varias veces ao longo da súa historia, e a súa última restauración, entre os anos 7 e 10 a.C. Baixo o emperador romano Tiberio, está descrito por Plinio o Vello na súa Historia Natural. A historia do templo remóntase ás loitas civís do principio da República. Para celebrar a pacificación entre patricios e plebeios trala aprobación das leis Licinias no 367 a .C. o Senado ordea a construción do templo na honra da Concordia que Marco Furio Camilo prometera se a paz se restablecía.

Noelia Diéguez, 1ºC

Arco de Constantino.

Atopámolo en Roma, entre o Coliseo e o outeiro do Palatino. Foi construído no ano 315 d.C. celebrando a vitoria da batalla da Ponte Milvio (312 d.C.) gañada polo emperador Constantino. Aínda que non só foi esta a razón da construción, tamén se fixo en conmemoración do décimo aniversario do reinado de Constantino I o Grande (emperador).
Mide 21 metros de alto, case 26 de ancho e 7 de profundidade. Está formado por tres arcos, o central é o maior deles, alcanza os 11'5 metros do altura e os 6'5 de ancho, os outros dous situados aos lados miden 7'4 metros de altura e 3'4 metros de ancho cada un.
Conta con numerosas inscricións en latín. A principal é na que se eloxia a Constantino, conta que o arco é obra do Pobo Romano e do Senado.
Presenta catro columnas de mármore, en cada un dos lados maiores. Enriba hai oito estatuas que pertencen á época de Traxano. Hai dúas esceas que se refiren as loitas que tiña Traxano contra os dacios (101-102 y 105-106 d.C.). Posee tamén numerosos soldados que levan aos prisioneiros dacios trala conquista da aldea.
Obsérvanse oito medallóns colocados dous a dous na parte superior dos arcos máis pequenos e un en cada lateral representado ao Deus Sol e á Deusa Lúa. Os medallóns dise que corresponden ao reinado de Adriano.
Está inspirado en Sétimo Severo, os persoaxes están representados xerarquicamente segundo o tamaño.
Restaurouse por última vez no século XVIII.

4 feb 2009

Os Rostra


Na acepción de náutica o rostrum era o espolón de bronce que reforzaba a proa dos navíos de guerra, un pico que embestía as naves inimigas para afundilas, un arma que deu moi bos resultados.

No ano 338 a. C. (época da República) o cónsul Cayo Menio viuse envolvido nunha batalla contra a flota dos volscos no porto de Antium, onde obtivo unha gran e definitiva vitoria. O cónsul mandou arrincar os rostra (espolóns) dos barcos inimigos para trasladalos a Roma e colocalos no muro da tribuna de oradores do Foro Romano.

No 44 a. C. César trasladouna a súa actual localización no foro. Xuntou á tribuna atopábanse o miliarium aureum erixido por Augusto e que era o punto de partida suposto de todas as estradas do Imperio, situado ao lado que linda co templo de Saturno e o umbilicus urbis, ao extremo norte da tribuna, algo máis tardío.
No outro extremo do foro e formando parte do podio do templo de César atopábase unha segunda tribuna os rostra divi Iuli, decorados con espolóns dos barcos exipcios apresados na batalla de Actium.

Unha terceira tribuna pénsase que estaba emprazada fronte ao templo de Cástor, xa que as fontes falan dos Rostra tria.

Lapis Niger


Podémolo atopar na parte noroeste do Foro. Foi descuberto en 1899 durante as excavacións e dedúcese que é orixinario do tempo monárquico. É o máis antigo e famoso testimonio epigráfico latín. A lectura do texto está suxeita a debate, ainda que as palabras son claras, ao estar fragmentadas é complicada a súa interpretación. Créese que se refire a unha Lex Sacra do santuario que avisaría dunha maldición para quenes violasen o lugar sagrado.

A tradición romana describe este lugar de culto como funesto, xa que estaba relacionada coa morte de Rómulo e é tamén o sepulcro de Fáustulus e de Hosto Hostilio.
María Neira

3 feb 2009

O Templo de Saturno


Trátase dun monumento construído no extremo occidental do Foro Romano, dedicado a Saturno, deus da agricultura. Foi inaugurado nos primeiros anos da República (cara o 498 a.C.) para albergar o Tesouro Público (polo que tamén é coñecido como Aerarium Saturno) e os arquivos do Estado romano. Reconstruído completamente a partir do ano 42 a.C. por Munancio Planco, foi restaurado unha vez máis tra-lo incendio de Carinus no ano 283 d.C.
No seu interior atopábase a estatua deste deus, que era de madeira e estaba chea de aceite. As pernas desta estaban cubertas cuns adornos, que só eran retirados o día da Saturnalia (o 17 de decembro), día no que se invertían os papeis socias (é decir, os amos servían ós esclavos).
O derribamento gradual só nos deixou oito columnas e o frontón parcialmente intacto, coa inscrición “Senatus Populusque Romanus incendio consumptum restituit” (“O Senado e o Pobo de Roma restaurou o que lume consumira”).
Andrea Barbeito Rebolo

Urbs Roma

Unha vez finalizadas as entradas sobre a Vía da Prata, é o turno dos alumnos de latín de 1º de Bacharelato, que nos darán a súa particular visión da cidade de Roma, quizais con vistas a unha posible viaxe no vindeiro curso...
Para iso, contan con esta web que elaborara eu hai anos e refixen agora coas sinxelas artes da mazá máxica, onde estan recollidos, en tres álbumes, os principais monumentos da "cidade eterna", de esa Roma "de pedra" que Augusto transmutou en "mármore".
Deberán elixir unha obra, unha escultura, un edificio, e comentalo nestas páxinas, ilustrando as súas palabras con imaxes non suxeitas á dereitos de autor. Buscade na galería do centauro!

2 feb 2009

A prolongación da Via da Prata cara a Gallaecia



A Vía da Prata é unha antiga vía de comunicacións que se extende en Galicia polas provincias de Ourense e Pontevedra ata chegar a Santiago de Compostela. Comeza en Sevilla e avanza cara o norte polas comunidades de Extremadura e Castela-León dirixíndose hacia Salamanca e Zamora. Ao chegar a esta localidade continúa hacia Astorga e enlaza alí co Camiño de Santiago, tamén chamado Camiño Sanabrés ou Mozárabe. A primeira expedición feita polos romanos cara Gallaecia produciuse no 137 a. C.
Este tramo da calzada cruza fermosos espazos naturais rodeados de pequenas construcións románicas de gran valor cultural.
Gran parte de Portugal e o centro-sur da Península comunicábase ca vila xacobea pola Vía da Prata, camiño de comerciantes que antigamente foi percorrido de conquistas árabes e cristiáns.



Feito por: Miriam García e Priscila Pérez

La vía de la plata en la actualidad.


La vía de la plata es una antigua vía que empieza en Mérida y termina en Astorga. Atraviesa el sur, norte y parte del oeste de España. Une las cudades de Gijón y Sevilla por la carretera general N-630. Es una ruta turística y cultural . Existe una "Asociación de Pueblos en Defensa de la Via de la Plata" que protestan contra las nuevas obras en construcción. Un ejemplo de ruta cultural es la del camino de Santiago.

Hecho por Eva Requeijo Bravo y Noelia Ferro Heleno.

1 feb 2009

O nome da "Vía da Prata"

A Vía da Prata non foi un camiño dedicado á circulación de dito metal noble, xa que a súa denominación débese a unha confusión fonética. Non existe unanimidade para determinar a orixe do nome da vía, se non que hai distintas teorías en relación a este tema. Unha das primeiras fai referencia a ela como "calzada", que segundo o diccionario da RAE, significa "camiño empedrado, pavimentado e ancho". A denominación de Prata, aparecerá a comezos do S.XVI, cando Cristóbal Colón asegura que chagará a Valladolid "pola Prata", e tamén Nebrija refiríase a ela como via nobillissima argentea vulgo dicitur. No século XVIII tratouse de que estivera relacionado con "Lata", que quere dicir amplia, ancha. Tamén Roldán considerouna nun principio derivada do término árabe "balata", cuxo significado tería que ver co enlousado que a cubría, dando lugar a "prata". Por último, considerouse que podería estar relacionado co término latino "delapidata" cun significado similar ao anterior, a pesar que esto plantea algunhas dúbidas xa que, esta calzada tiña ausencia dun verdairo empedrado, que non era usual nas grandes calzadas nos seus recorridos non urbanos.