8 feb 2009

O templo de Vesta



O templo de Vesta está situado no Foro Romano, ao sur da Vía Sacra. É un dos edificios conservados máis antigos de Roma. No seu interior gardábase o lume sagrado, en honor a Vesta, a deusa do lume e do fogar. Tiña que manterse vivo constantemente, así como outros obxectos sagrados ós que só o Pontifex Maximus e as sacerdotisas vestais tiñan aceso. Precisamente aos seus pés atopábase a Casa das Vestais.

O edificio foi reconstruído en varias ocasións, pero conservouse a entrada orientada cara o leste e a forma circular da planta (inspirada nas cabanas da Idade de Ferro), a última á cal pertencen os restos conservados é da época de Xulia Domna, esposa de Septimio Severo no ano 191. O templo elévase sobre un podio duns 15 metros de diámetro, e conta con vinte columnas corintias embebidas. O teito era cónico e tiña unha abertura para a saída do fume. Unha cavidade en forma de trapecio que se abre no podio parece ser a ubicación do penus Vestae, onde se conservaban os obxectos que Eneas trouxo de Troia: o Paladio (imaxe de madeira de Minerva) e as imaxes dos Penates.

No hay comentarios: