5 feb 2009

Arco de Constantino.

Atopámolo en Roma, entre o Coliseo e o outeiro do Palatino. Foi construído no ano 315 d.C. celebrando a vitoria da batalla da Ponte Milvio (312 d.C.) gañada polo emperador Constantino. Aínda que non só foi esta a razón da construción, tamén se fixo en conmemoración do décimo aniversario do reinado de Constantino I o Grande (emperador).
Mide 21 metros de alto, case 26 de ancho e 7 de profundidade. Está formado por tres arcos, o central é o maior deles, alcanza os 11'5 metros do altura e os 6'5 de ancho, os outros dous situados aos lados miden 7'4 metros de altura e 3'4 metros de ancho cada un.
Conta con numerosas inscricións en latín. A principal é na que se eloxia a Constantino, conta que o arco é obra do Pobo Romano e do Senado.
Presenta catro columnas de mármore, en cada un dos lados maiores. Enriba hai oito estatuas que pertencen á época de Traxano. Hai dúas esceas que se refiren as loitas que tiña Traxano contra os dacios (101-102 y 105-106 d.C.). Posee tamén numerosos soldados que levan aos prisioneiros dacios trala conquista da aldea.
Obsérvanse oito medallóns colocados dous a dous na parte superior dos arcos máis pequenos e un en cada lateral representado ao Deus Sol e á Deusa Lúa. Os medallóns dise que corresponden ao reinado de Adriano.
Está inspirado en Sétimo Severo, os persoaxes están representados xerarquicamente segundo o tamaño.
Restaurouse por última vez no século XVIII.

No hay comentarios: