
Está coroado por un alto ático cunha inscrición monumental que leva a dedicatoria a Septimio e os seus fillos.
Encima do ático, como testemuñan as moedas que reproducen o arco, había unha cuadriga de bronce cos emperadores.
Pero a parte máis interesante da decoración é unha serie de catro paneis, colocados sobre os arcos laterais, que representan episodios das dúas campañas contra os Partos.
A interpretación debe ser feita de abaixo cara arriba para que se entenda.
Todos os relevos que o decoran están relacionados coas campañas contra os Partos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario