3 feb 2009

O Templo de Saturno


Trátase dun monumento construído no extremo occidental do Foro Romano, dedicado a Saturno, deus da agricultura. Foi inaugurado nos primeiros anos da República (cara o 498 a.C.) para albergar o Tesouro Público (polo que tamén é coñecido como Aerarium Saturno) e os arquivos do Estado romano. Reconstruído completamente a partir do ano 42 a.C. por Munancio Planco, foi restaurado unha vez máis tra-lo incendio de Carinus no ano 283 d.C.
No seu interior atopábase a estatua deste deus, que era de madeira e estaba chea de aceite. As pernas desta estaban cubertas cuns adornos, que só eran retirados o día da Saturnalia (o 17 de decembro), día no que se invertían os papeis socias (é decir, os amos servían ós esclavos).
O derribamento gradual só nos deixou oito columnas e o frontón parcialmente intacto, coa inscrición “Senatus Populusque Romanus incendio consumptum restituit” (“O Senado e o Pobo de Roma restaurou o que lume consumira”).
Andrea Barbeito Rebolo

No hay comentarios: