
A Vía da Prata non foi un camiño dedicado á circulación de dito metal noble, xa que a súa denominación débese a unha confusión fonética. Non existe unanimidade para determinar a orixe do nome da vía, se non que hai distintas teorías en relación a este tema. Unha das primeiras fai referencia a ela como "calzada", que segundo o diccionario da
RAE, significa "camiño empedrado, pavimentado e ancho". A denominación de Prata, aparecerá a comezos do S.XVI, cando Cristóbal Colón asegura que chagará a Valladolid "pola Prata", e tamén Nebrija refiríase a ela como
via nobillissima argentea vulgo dicitur. No século XVIII tratouse de que estivera relacionado con "
Lata", que quere dicir amplia, ancha. Tamén Roldán considerouna nun principio derivada do término árabe "
balata", cuxo significado tería que ver co enlousado que a cubría, dando lugar a "
prata". Por último, considerouse que podería estar relacionado co término latino "
delapidata" cun significado similar ao anterior, a pesar que esto plantea algunhas dúbidas xa que, esta calzada tiña ausencia dun verdairo empedrado, que non era usual nas grandes calzadas nos seus recorridos non urbanos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario