5 feb. 2009

O templo da Concordia


O templo da Concordia na antiga cidade de Roma foi o principal templo da cidade adicado á deusa da Concordia. Atopábase no extremo occidental do Foro Romano. Poida que en orixe se remontase ao século VI a.C., pero non hai acordo sobre a súa data exacta. Foi destruído e restaurado varias veces ao longo da súa historia, e a súa última restauración, entre os anos 7 e 10 a.C. Baixo o emperador romano Tiberio, está descrito por Plinio o Vello na súa Historia Natural. A historia do templo remóntase ás loitas civís do principio da República. Para celebrar a pacificación entre patricios e plebeios trala aprobación das leis Licinias no 367 a .C. o Senado ordea a construción do templo na honra da Concordia que Marco Furio Camilo prometera se a paz se restablecía.

Noelia Diéguez, 1ºC

1 comentario:

Álvaro P. Vilariño dijo...

Pero, cal é o templo da Concordia dos que se ven na fotografía?