
Durante a batalla do Lago Regilio (496 a.C) entre romanos e latinos, Cástor e Pólux levaron á vitoria ós Romanos e, tras anunciar a derrota do inimigo, desapareceron. Recoñecéuselles como os Dióscuros e o ditador Aulo Postumio Albino, en agradecemento pola súa axuda, dedicoulles un templo. Diante deste, os cabaleiros ofrecían sacrificios no seu honor. O edificio sufriu varias restauracións e reparacións durante os derradeiros anos e tralo incendio do 14 a.C.
Cóntase que os dous irmáns queríanse tanto que cando Cástor morreu Pólux pediulle a Zeus que non os separase e conseguiu que lle dera ao seu irmán o don da inmortalidade.
Dise que a constelación Xéminis representa a estes xemelgos, e as súas estrelas máis brillantes chámanse Cástor e Pólux no seu honor.
Pola súa habilidade como xinetes e nas guerras foron os protectores dos xogos olímpicos e máis tarde, en Roma, dos xogos do circo.
1 comentario:
Excelente entrada, pero quizais a foto elixida non permita ver como destacan estas tres soberbias columnas do templo no conxunto do Foro.
Publicar un comentario