4 feb. 2009

Os Rostra


Na acepción de náutica o rostrum era o espolón de bronce que reforzaba a proa dos navíos de guerra, un pico que embestía as naves inimigas para afundilas, un arma que deu moi bos resultados.

No ano 338 a. C. (época da República) o cónsul Cayo Menio viuse envolvido nunha batalla contra a flota dos volscos no porto de Antium, onde obtivo unha gran e definitiva vitoria. O cónsul mandou arrincar os rostra (espolóns) dos barcos inimigos para trasladalos a Roma e colocalos no muro da tribuna de oradores do Foro Romano.

No 44 a. C. César trasladouna a súa actual localización no foro. Xuntou á tribuna atopábanse o miliarium aureum erixido por Augusto e que era o punto de partida suposto de todas as estradas do Imperio, situado ao lado que linda co templo de Saturno e o umbilicus urbis, ao extremo norte da tribuna, algo máis tardío.
No outro extremo do foro e formando parte do podio do templo de César atopábase unha segunda tribuna os rostra divi Iuli, decorados con espolóns dos barcos exipcios apresados na batalla de Actium.

Unha terceira tribuna pénsase que estaba emprazada fronte ao templo de Cástor, xa que as fontes falan dos Rostra tria.

2 comentarios:

Álvaro P. Vilariño dijo...

Excelente entrada e ben documentada!

paula dijo...

Moitas grazas, a verdade é que non me costou moito encontrar a información pero sí contrastala e elixir a correcta posto que, sobre todo nas datas, había unha gran diversidade.