23 feb. 2009

Emerita Augusta



A cidade de Emerita Augusta foi fundada no ano 25 a.C polo emperador Octavio Augusto, como presente para os emeriti (cuxo significado en latín era "retirados") das dúas lexións veteranas das Guerras Cántabras. Estes eran os soldados licenciados do exército romano, ós cales recibían ou ben cartos equivalentes á paga de doce anos ou ben parcelas de terra.

Converteuse na capital da provincia lusitana e pronto comezou a constituír un importante foco na rexión. Nela confluían importantes vías de comunicación e estaba rodeada de grandes extensións de terra productiva, mananciais, fontes de materiais de construción...

No centro da cidade creouse o Foro Municipal, onde se construiron os templos de Diana e Marte. No ano 15 a.C, Marco Agripa, amigo e colaborador de Augusto, dona o teatro. Uns anos máis tarde finalízase a construción do Anfiteatro, situado a carón do teatro, e do circo, que é un dos mellor conservados. No ano 50 construíuse un novo foro, o chamado Provincial, ó que se accedía a través do Arco de Traxano. Na cidade existen diferentes conxuntos termais, construídos entre o s. I a.C e o s.IV.



*Imaxe: o teatro romano de Emerita Augusta visto por Xavier Fargas.

No hay comentarios: