8 feb 2009

O Panteón de Agrippa




O Panteón (do grego Πάνθειον, que significa ''templo de tódolos deuses'') é un edificio romano orixinalmente construído como un templo aos deuses da antiga Roma. Históricamente recoñécese que foi o xeneral Marco Vespasiano Agrippa quen construiu o primeiro panteón no ano 27 a.C. Destruido polo fogo no ano 80, Domiciano reconstruiuno e foi de novo víctima dun incendio.
No 120, Adriano, inspirado nos templos gregos, planeou o definitivo panteón composto por tres corpos: o pórtico da entrada chamado pronaos, o domo chamado rotunda e unha transición entre ambos. Aínda que a entrada é monumentalmente espectacular, o seu maior atractivo é o domo de forma perfectamente semiesférica, cuns 43'30 metros de diámetro e cunha apertura circular no seu centro chamada oculus e duns 8'2 metros de diámetro, que é a súa orixinal fonte de iluminación.
É o mellor conservado de tódolos edificios romanos, e tal vez a mellor conservada do mundo segundo a súa antigüidade.
Dende o século VII, o Panteón utilizouse coma unha igrexa cristiana. Actualmente, é a estructura abovedada máis antiga que sigue en pé en toda Roma.
O término xenérico de panteón emprégase actualmente para referirse a un monumento no que están soterrados mortos ilustres.

1 comentario:

Álvaro P. Vilariño dijo...

Eva, confundes Agripina (emperatriz, muller do emperador Claudio) con Marco Agrippa, man dereita do emperador Auguto, e que foi o que primeiro mandou construir este edificio, máis tarde completado por Hadriano.
Non falas nada do seu "oculus", unha das marabillas arquitectónicas da Antigüidade...