6 feb. 2009

Templo de Venus e Roma


O templo de Venus e Roma situase no extremo oriental do Foro Romano. Era un dos templos máis grandes de Roma e estaba adicado as deidades Venus e Roma.
Foi construído polo emperador Adriano, empezándose en 121 e rematado no ano 141 por Antonino Pío. Esa construción realizouse sobre os restos do Domus Aurea de Nerón.
No ano 307, sufriu un incendio e foi restaurado polo emperador Maxencio. Introducíronse entón novas formas arquitectónicas. Entre os anos 392 e 394 restaurouse de novo.
Foi destruído por outro incendio a principios do século IX e convertido nunha igrexa, Santa María Nova, polo papa León IV, pasando a chamarse Santa Francesca Romana en 1615.
Adriano introduxo na súa construción unhas inscricións nomeando as deidades, nunha a palabra amor, xa que Venus era a deusa do amor e amor, o revés, e Roma, producindo un efecto simétrico.
Actualmente atópase en bo estado, aínda que só se conserva parte do edificio.

1 comentario:

Álvaro P. Vilariño dijo...

Ben, pero iso de que hoxe se atopa en bo estado...
terás ocasión de comprobalo persoalmente se ao final imos a Roma o ano que vén!