9 feb 2009

Piazza del Campidoglio


Recibe este nome por estar situada no alto do outeiro do Campidoglio, o máis pequeno dos sete outeiros de Roma. Neste lugar creáronse na época clásica importantes templos romanos, investíase a cónsules e remataban as marchas triunfais dos emperadores victoriosos.
Co paso do tempo, a praza pasou a estar nun estado de deixadez e as cabras usábana como lugar de pasto, polo que se coñecía como colle caprino (cumio caprino).
Esta situación continuou ata o 1536, ano no que o papa Pablo III lle encarga a Michellangelo a súa reconstrución ante a chegada de Carlos V a Roma.
Michellangelo proxectou a praza, dándolle unha nova orientación cara a Basílica de San Pedro, en lugar de cara o foro como estaba anteriormente. Tamén ordenou poñer no centro a escultura de Marco Aurelio nun cabalo (actualmente nos Museos Capitolinos) , situada anteriormente na praza de San Giovanni. A praza contou finalmente con tres pazos; Palazzo Senatorio (actual sede do Concello de Roma), Palazzo dei Conservatori e o Palazzo Nouvo, e ca escalinata chamada Cordonata que conta coas estatuas de dous leóns, de Cola di Renzio, de Cástor e Pólux e dous trofeos de armas de mármore chamados Trofei di Mario.
Alba Constenla

1 comentario:

Álvaro P. Vilariño dijo...

Que templos había neste outeiro en época clásica? a que divindades estaban dedicados? consérvase algún resto?