13 mar 2009

A Pompeia sepultada: os moldes ocos

O Vesubio expulsou unha onda definitiva de fluxo piroclástico cara ás oito da mañá do 24 de Agosto, no ano 79 da nosa era. Esta masa densa de gases contiña moitas partículas sólidas en suspensión, que caeron sobre a terra coma un baño de magma ardente. Así Pompeia, malia seres sepultada, puido conservarse baixo os sedimentos ata o seu descubrimento 18 séculos despois. Do mesmo xeito que os corpos das víctimas, que ao descompoñerse, deixaron moldes ocos na rocha solidificada. A idea de encher estes moldes con xeso líquido orixinou varias esculturas. Algunhas con tal grado de detalle que mesmo se poden distinguir as expresións dos rostros: un home sentado cubrindo a cara, tentando evitar os gases; unha muller tapando a boca cas dobleces da súa túnica; ou un can que tenta liberarse da cadea que lle impide fuxir, no seu último estremecemento.
Raquel Gómez e Melisa Fuentes

No hay comentarios: