17 mar 2009

A casa do fauno


A casa do Fauno é unha das máis luxosas construcións de Pompeia. Estas divindades eran na mitoloxía romana unha das máis populares e antigas, e identificados co grego Pan debido á similitude dos seus atributos. A casa ten os seus orixes na idade samnítica, cando era ampla pero modesta. A finais do século II a.C. pasa a ocupar unha mazá enteira e recibe a suntuosa decoración a base de estuco (unha pasta de gran fino empregada especialmente para enlucir paredes e teitos) e mosaicos. Na parte anterior da entrada atópase o saúdo HAVE. que en latín quere dicir ''benvido''. O ingreso está provisto dunha porta dobre e no vestíbulo atópanse dous atrios, un deles, o principal, contén unha pequena fonte cunha pequena estatua dun fauno danzante que lle dá o nome á casa.

Suponse que era a morada do sobriño do dictador Sila, quen tivo a misión de organizar a colonia romana e de conciliar os intenreses dos colonos cos antigos habitantes. Nun dos pisos da casa atopouse unha das máis grandes e belas escenas realizadas en mosaico: a Batalla de Issos, entre Alexandre Magno e Darío III Codomano, que actualmente se conserva no Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles.

(Na imaxe, tomada por ''Tintern'', móstrase a estatua do fauno que preside o atrio principal da casa)

No hay comentarios: