13 mar 2009

Os graffitis


Os graffitis atopados en Pompeia representaban a realidade cotiá dos seus habitantes, unha forma de escritura popular. Os seus temas eran variados; agradecementos aos deuses, anuncios comerciais, mensaxes amorosos como "Suspirium puellarum Celadus thraex" (Celadus o tracio fai suspirar ás rapazas) , anécdotas sexuais, insultos, temas relixiosos ("os seguidores de Isis piden como grupo piden a elección de Gneo Elvio Sabino como edil") ou cuestións políticas.
As inscripcións eran realizadas por individuos con un nivel de alfabetización baixo ou escribas, aos que se lles pagaba, e facían anuncios de tipo político ("solicítase a elección de Gneo Helvio como edil, un home digno do exercicio público"). Outras moitas anotacións eran anonimas, o que demostraba o alto coñecemento do latín entre os seus habitantes; moitos eran capaces de lelo e tamén de escribilo.
Os graffitis eran unha representación da realidade social da época na cidade, reflectida sobre personaxes anónimos dos que de outro xeito, non poderíamos saber nada.

Na imaxe, un exemplo de anuncio dunha taberna no cal se pode ler : "ABEMUS INCENA PULLVM PISCEM PERNAM PAONEM", o que significa; temos comida, polo, peixe, xamón e pan.

No hay comentarios: