23 mar 2009

A Vila dos Misterios

A Vila dos Misterios é un edificio suburbano de Pompeia, situado fóra dos límites da cidade. Construída no século II a. C., foi remodelada e ampliada varias veces posteriormente, e cambiou de usos tra-lo terremoto do ano 62 d.C.: de vivenda señorial pasou a establecemento agrícola.

Nela destacan unha serie de grandes frescos sobre un fondo vermello intenso, que se supón que representaban os ritos de iniciación das esposas ós misterios dionisíacos. As paredes completan un ciclo de momentos sucesivos dunha única ceremonia: un neno lendo o ritual baixo a supervisión dunha matrona, unha moza que leva unha bandexa con ofrendas, un grupo de señoras nunha celebración sacramental, etc. Tamén se representan as vodas de Dionisio e Ariadna.
Andrea Barbeito e Paula Vázquez
Foto: Flickr

No hay comentarios: