19 mar 2009

Mons Vesuvius


Fai 1930 anos o Vesubio (latín: Mons Vesuvius), de 1270 metros de altitude, situado na baía de Nápoles entraba en erupción soterrando as cidades de Pompeia e Herculano. Estas cidades foron redescubertas no século XVI, e hoxe conservámolas intactas.
O Vesubio é coñecido pola erupción do ano 79. Esta primeira erupción foi descrita por Plinio o Xoven pouco despois de que acontecese, por este motivo tamén se coñece como "erupción pliniana". Tivo unha duración de 18 horas aproximadamente. Calculase que a nube de gases chegou a medir 32 km.
O Vesubio ameazou en numerosas ocasións; no século XVIII entrou seis veces en erupción; no XIX oito; dende 1944 o Vesubio non se volveu ver en actividade.
Proclamouse o máis perigoso do mundo, pero a pesar de ser un volcán moi violento, os seus arredores están densamente poboados.


Rebeca Castro e Noelia Diéguez.
*Imaxe flickr

No hay comentarios: