
Aínda que esta erupción resultou nefasta para Pompeia, hoxe en día, grazas a ela, podemos disfrutar e coñecer mellor unha cidade da época, xa que despois de máis de cen anos de traballos arqueolóxicos, as súas rúas volven estar transitables para todo aquel que as queira recorrer; algo positivo se temos en conta que a cidade quedou preservada do paso do tempo baixo unha gran capa de fluxo piroclástico, o que axuda a que as súas tabernæ, as súas villæ, os templos e os teatros e incluso o seu lupanare se conserven de tal maneira que non resulta difícil imaxinarse un día como cidadano pompeiense. Ademais, mentres se pasea polas rúas, pódense observar algúns moldes dos corpos solidificados, cadáveres de persoas e animais que non puideron fuxir da ira do volcán; xente que non puido imaxinar cómo unha cidade tan próspera sería sepultada con algo tan descoñecido para eles: a verdadeira natureza do Vesubio.
María Riveiro Novás e Pedro Campos Orosa.
Imaxe: Flickr
Autor: sigurd66
Nome: Pompeya
No hay comentarios:
Publicar un comentario