12 mar. 2009

Pompeia


Rematamos a segunda avaliación coa proxección na aula do DVD "Pompeya, el último día", que recrea con gran realismo os últimos momentos dos habitantes desta cidade tras a fabulosa erupción do Vesubio, no ano 79 d. C.
Serán agora os alumnos de 1º de Bacharelato de latín os que nos falen dalgún dos moitos misterios que rodean este acontecemento, desvelados algúns, ocultos aínda outros.
Coñeceremos a técnica dos moldes ocos, os grafittis que adornaban as paredes, o lupanar, a erupción do Vesubio, as cartas de Plinio, o templo de Apolo, a Vila dos misterios, a casa do Fauno...
* imaxe propia

No hay comentarios: