Liber VI (6) Anno urbis conditae sexcentesimo septuagesimo sexto, L. Licinio Lucullo et M. Aurelio Cotta consulibus mortuus est Nicomedes, rex Bithyniae, et per testamentum populum Romanum fecit heredem. Mithridates pace rupta Bithyniam et Asiam rursus voluit invadere. Adversus eum ambo consules missi variam habuere fortunam.
No ano 676 despois da fundación da Urbe, no consulado de Lucio Licinio Lucullo e Marco Aurelio Cotta, morreu Nicómedes, rei de Bitinia, e fixo herdeiro ao pobo romano no testamento. Mitrídates, tras romper a paz, quixo invadir de novo Bitinia e Asia. Os dous cónsules foron enviados contra el e contaron con diferente sorte.
Este parágrafo do Liber VI de Eutropio explica a orixe do conflicto producido entre Mitrídates e Roma a causa do testamento de Nicómedes.
Nicómedes IV, fillo de Nicómedes III, foi rei de Bitinia , un antigo reinado de Asia Menor que se extinguiu no século I a.C. en favor de Roma. Nicómedes gobernou alí durante vinte anos, dende o 94 ata o 74 a.C. Durante este reinado, Nicómedes foi un gran aliado de Roma, e mantivo grandes enfrotamentos con Mitrídates, rei do Ponto e inimigo declarado de Roma. Trala súa morte, no 74 a.C., Nicómedes fixo a Roma herdeira do seu reino, e o Senado decidiu convertilo nunha provincia romana. Sen embargo, Mitrídates pretendeu apoderarse deste reino e enfrontouse a Roma, tendo así lugar a Terceira Guerra Mitridática ( 74-65 a.C.), que acabaría coa victoria de Roma e o suicidio de Mitrídates.
No hay comentarios:
Publicar un comentario