Liber VII [7] Hic quoque ingens bellum civile commovit cogente uxore Cleopatra, regina Aegypti, dum cupidate muliebri optat etiam in urbe regnare. Victus est ab Augusto navali pugna clara et ilustri apud Actium, qui locus in Empiro est, ex qua fugit in Aegyptum et desperatis rebus, cum omnes ad Augustum transirent, ipse se interemit. Cleopatra sibi aspidem admisit et veneno eius extincta est. Aegyptus per Octavianum Augustum imperio Romano adiecta est. (...)
"Este tamén orixinou unha gran guerra civil sendo incitado pola súa muller Cleopatra, raíña de Exipto, que con desexo feminino desexaba tamén reinar na Cidade. Foi vencido por Augusto nunha célebre e ilustre batalla naval preto de Accio, que está situado en Epiro, desde onde fuxe a Exipto e en situación desesperada, ao se pasar todos ao bando de Augusto, se suicidou. Cleopatra arroxouse un áspide contra si e foi morta polo seu veleno. Exipto foi engadido por Octaviano Augusto ao Imperio Romano" (...)
Tras a victoria de Octavio Augusto sobre Marco Antonio na batalla naval de Accio no ano 31 a.C., Octavio Augusto conseguiu entrar con facilidade en Alexandría. Marco Antonio recibiu un informe falso no que se lle comunicaba a suposta morte de Cleopatra. Ante esta situación, non viu outra saída máis que a morte, polo que se matou coa súa propia espada. Cando Cleopatra soupo o que lle acontecera ao seu amante, e consciente de que a situación na que se atopaba non era moito máis optimista, xa que o máis probable sería que a convertisen nunha simple escrava máis, decidiu tamén poñerlle fin á súa vida. Para iso, pediulle ás súas escravas que lle trouxesen unha cobra exipcia, que ela aproximou ao seu peito, onde o áspid a mordeu, introducíndolle no corpo o seu veleno mortal.
* Imaxe tomada da Wikipedia. Trátase do famoso cuadro "A morte de Cleopatra", de Reginald Arthur, no cal se representa como a raíña exipcia puxo fin á súa vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario