Liber VI. [25] Praecipui fuerunt inter coniuratos duo Bruti ex eo genere Bruti, qui Primus Romae consul fuerat et reges expulerat, et C. Cassius et Servulius Casca. Ergo Caesar, cum senatus die inter ceteros venisset ad curiam, tribus et viginti vulneribus confossus est.
"Os principais entre os conxurados foron os dous Brutos da familia de Bruto, que fora o primeiro cónsul de Roma e expulsara aos reis, e Casio e Servelio Casca. Así pois, César, despois de chegar á Curia no día da sesión do Senado, foi apuñalado con vinte e tres coiteladas".
No mes de marzo do ano 44 a.C., un grupo de senadores convocaron a César no foro para lerlle unha petición cuxo fin era devolverlle o poder efectivo ao Senado. Marco Antonio, quen xa fora avisado, intentou detelo antes de entrara á reunión, pero César foi interceptado e conducido a unha habitación. Cando comezou a ler a petición, Tulio Cimber tiróulle da túnica e, ante a protesta de Xulio César, Casca asentoulle un corte no pescozo. Aínda que intentou escapar, os seus agresores aproveitaron a súa caída nas escaleiras do foro e déronlle morte con vinte e tres puñaladas.
Fotografía de Wikipedia na que se mostra a estatua de Xulio César en Rimini, unha provincia italiana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario