8 feb 2009

Templo de Cástor e Pólux

Cástor e Pólux considéranse segundo a mitoloxía grega como os Dióscuros (en grego fillos de Zeus) fillos xemelgos de Leda e Zeus e irmáns de Helena de Troia e Clitemnestra. A súa paternidade é confusa; a versión máis coñecida é que sexan fillos de Zeus, pero noutras afírmase que Helena e Pólux eran fillos de Zeus, e polo tanto inmortais, e que Cástor e Climnestra eran fillos de Tíndaro (o marido mortal de Leda).
Durante a batalla do Lago Regilio (496 a.C) entre romanos e latinos, Cástor e Pólux levaron á vitoria ós Romanos e, tras anunciar a derrota do inimigo, desapareceron. Recoñecéuselles como os Dióscuros e o ditador Aulo Postumio Albino, en agradecemento pola súa axuda, dedicoulles un templo. Diante deste, os cabaleiros ofrecían sacrificios no seu honor. O edificio sufriu varias restauracións e reparacións durante os derradeiros anos e tralo incendio do 14 a.C.
Cóntase que os dous irmáns queríanse tanto que cando Cástor morreu Pólux pediulle a Zeus que non os separase e conseguiu que lle dera ao seu irmán o don da inmortalidade.
Dise que a constelación Xéminis representa a estes xemelgos, e as súas estrelas máis brillantes chámanse Cástor e Pólux no seu honor.
Pola súa habilidade como xinetes e nas guerras foron os protectores dos xogos olímpicos e máis tarde, en Roma, dos xogos do circo.

1 comentario:

Álvaro P. Vilariño dijo...

Excelente entrada, pero quizais a foto elixida non permita ver como destacan estas tres soberbias columnas do templo no conxunto do Foro.