Polibio foi un historiador grego nado na Megalópolis. Fillo de Licotas de Megalópolis, un importante político grego. Dende xoven centrouse na política da Liga Aquea, alcanzando moita importancia: viaxou a Alexandría e dez anos máis tarde foi elexido xefe de cabalería.
Tras a victoria romana sobre Macedonia en Pidna, Polibio foi tomado como un dos centos de nobres reféns deportados a Italia por non axudar a Emilio Paulo. Mentres que os demais cautivos foron dispersaos por Etruria, polbio foi retido en Roma, onde entablou amizade con Escipión Emiliano e relacionouse co Círculo de Escipión.
Debido ó seu elevado nivel cultura, Polibio foi admitido nas casas romanas máis importantes. Lucio Emilio Paulo Macedonico encargoulles a educación dos seus fillos. Gracias a Escipión, fillo de Lucio Emilio, puido regresar ó seu fogar, pero pasou os seguintes anos co seu amigo en África, onde puido estar presente na Terceira Guerra Púnica e na captura de Cartago.
Polibio volveu a Grecia e utilizou a súas conexións cos romanos para impulsar alí unha mellora das condicións de vida. Encarou a difícil tarea de organizar a nova forma de goberno das cidades gregas, ganando maiores recoñecementos.
Logo regresou a Roma pero, tras a morte do seu amigo Escipión, regresou a Grecia onde morreu ó 82 anos.
*Escultura de Polibio, Parlamento de Viena. Foto de dvallejosanz
No hay comentarios:
Publicar un comentario