20 jun 2011

A influencia grega na vivenda romana

No século II a.C, tralo proceso de helenización, Roma experimentou unha serie de cambios que afectaron á súa vivenda. Ante a carencia de espacio das domus romanas, buscouse unha alternativa que permitira aumentar o espazo da vivenda. Xurde un segundo ámbito dentro da casa que soluciona este problema de espazo, ao transformar o horto traseiro nun novo patio porticado que segue a herdanza do peristilo grego. A partires deste momento a casa romana queda dividida en dúas zonas: o atrium e o peristylum.
No novo espacio do peristylum localízase unha serie de novas habitacións, ligadas á tradición grega:

-Triclinium: Que era a sala de banquetes ou comedor de luxo das casas romanas, e supón a recepción da casa romana da costumbre grega de comer reclinados. En épocas estivais o comedor sitúase na zona do pórtico do peristylo.

-Exedra: sala aberta na súa totalidade ao peristylo. Ten usos variados (sala de estar, lugar de recepción...). Sitúase ao fondo do peristilo.


No hay comentarios: