21 jun 2011

A Influencia grega na arte romana


A influencia grega na arte romana aumenta cando, no siglo II a.C, Roma ocupa Macedonia e Grecia. Pode pensarse que a arte romana é unha ampliación e imitación da arte grega, e por suposto da arte estrusca, pero a intención dos artistas romanos era totalemte diferente; a Roma conquistadora tratou de unir, ó sentido estético grego, o carácter utilitario que as súas obras requerían.

A arquitectura romana xa contaba co uso de arco e bóvedas, herdados dos etruscos. Con todo, a influecia grega aumentou o abanico de recursos arquitectónicos. Un claro exemplo témolo na imitación das ordes gregas (corintio,xónico, dórico), pasando a columna a convertirse nun elemento decorativo.

Columnas,Google imaxes

O templo romano foi unha clara conxunción entre as arquitecturas etruscas e gregas, as columnas semiadosadas que caracterizaban a estes edificios permitían xogar combinando as distintas ordes helénicas. As necesidades romanas (precisaban lugares onde pasar o tempo,comerciar..) derivaron en mostras arquitectónicas que se mitificaron co paso do tempo. Así aparecen, por exemplo, as basílicas e os pórticos. Os principais lugares de ocio foron o circo e o teatro, maxestuosas construcións caracterizadas pola presencia de formas curvas. Ademáis, para conmemorar as victorias romanas construíanse arcos de triunfo, que se acabaron convertendo en símbolos do Imperio.

As obras maestras gregas foron roubadas e transportadas a Roma. Con elas os artistas gregos, que se viron relegados á Italia, donde se inicou a evolución da arte helenísitca. As lendas e escenas da vida cotiá romanas foron representadas polos gregos nos chamados " Baixosrelevos históricos" Aparecen os primeiros pintores romanos, e con eles os mosaicos, pinturas que recubrían grandes pavimentos combinando formas xeométricas. As obras están feitas preferentemente de mármol e son frecuentes o retrato, o cal podía ser de corpo enteiro ou só busto.


Por suposto, aparece a música dos romanos, influenciada tamén polos gregos, nos que abundaban os instrumentos de corda. A profesión de músico iba máis alá, xa que tamén adestraban ao exército.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Otro blog que añado a mi blog de enlaces de latín.