21 jun 2011

Pitagorismo,estoicismo e epicureismo

Unha gran influencia grega en Roma, foi a importación de novas correntes filosóficas, coma o pitagorismo, o estoicismo e o epicureismo.
O pitagorismo é un movemento filosófico, científico e relixioso fundado no S. V a. C. por Pitágoras, que consistía na consideración do número coma o constitutivo último da realidade. Os contemporáneos que levaron a cabo esta doutrina estudaban a matemática con unha adicación case relixiosa. Pitágoras tamén foi creador dunha coñecida teoría matemática (Teorema de Pitágoras) e da Copa de Pitágoras, que consistía nunha copa que só se podía encher ata unha certa altura.
O estoicismo é unha doutrina filosófica fundada por Zenón de Citio no S. VI a. C. Cosnsiste en tratar de chegar a captar o coñecemento da virtude e da ensinanza; os estoicos definían como virtudes as tres principais divisións da filosofía da época, que eran a lóxica, a física e a ética.
O epicureismo nace como corrente filosófica no 306 a. C. e faino en Atenas (Grecia), fundada por Epicuro de Samos. Esta corrente ten comopilarfundamental a búsqueda dunha vida feliz, mediante unha boa xestión da mesma, dos placeres mundanos e das dores.
Imaxe: Copo de Pitágoras, Chiron, Flickr





No hay comentarios: