Viam Stratam, o blog dos alumnos clásicos do MGB da Estrada, comeza a súa andaina este curso 2011/2012.
E serán os alumnos de 4º de ESO, os recén chegados, os que continúen a serie de palabras latinas que empezaron os seus compañeiros o ano pasado.
No seu primeiro contacto co latín, elixirán unha palabra en lingua latina, a que máis lles guste, escribirán o seu enunciado e ilustrarán a mesma con fermosas letras tomadas de Flickr.
Logo, engadirán a súa pronunciación grazas aos servizos de Forvo.
E coma sempre, correspóndeme a min facer os honores e inaugurar este novo curso cun novo termo latino. O elixido este ano será un animal, a raposa (en latín vulpes, is)
No hay comentarios:
Publicar un comentario