16 jun. 2011

Influencia da mitoloxía grega en Roma


Ao principio, os romanos concebían aos deuses como forzas sobrenaturais que se encargaban de tódolos fenómenos que eles non entendían. Nin tiñan forma ou representación humana nin posuían lendas e biografías propias. Xunto a estas divinidades atopábanse outras menores: os lares, penantes e manes, deuses do fogar aos que se lle rendía culto no seo de cada familia. Coa chegada da influencia etrusca introdúcense a apariencia antropomórfica dos deuses, así como os sacerdotes e numerosos rituais para rendir culto aos deuses.
Pola contra, os gregos posuían un gran entramado de historias e contos para os seus deuses, que si eran antropomórficos.
Coa chegada da influencia grega os romanos asimilan os deuses gregos, mezclando cada deus heleno co deus romano máis cercano. Así, a Xúpiter, deus pai dos romanos, atribúense tódalas lendas e historias do seu correspondente grego, Zeus; Hera foi asimilada por Xuno, Ares por Marte, Afrodita por Venus... Únicamente Apolo conservou o seu nome grego ao non ter un representante romano. A estes novos deuses dedicáronselle templos en toda Italia, esculturas e obras artísticas.
A pesar desta rápida asimilación dos deuses helenos, existen historiadores que afirman que estos non despertaban un gran fervor na poboación e que por iso o cristianismo se expandeu tan rapidamente.

Imaxe: busto de Zeus no museo británico. Imaxe de Flick (Dr Zaro)

No hay comentarios: