Marcus Porcius Cato Censorius (234-149 a.C), coñecido tamén como 'o censor', foi un importante estadista, moralista, escritor e político romano. Podemos destacar o seu cursus honorum; pese a ser un home novo, alcanzou as máis altas maxistraturas.
Durante o proceso de helenización de Roma, movemento apoiado polo Círculo de Escipión, Catón converteuse no maior opositor á influencia da cultura grega en Roma. Loitaba contra todo o que fora demasiado extravagante ou ostentoso(tipico da corrente helenística), e defendía o seu ideal de sencillez primitiva romana. Para lograr esto pormulgou a lei de Orchio, que frenaba un pouco esta corrente.
Un dos principais temas de debate entre Escipión e Catón foi a liberación dos gregos. Esto foi apoiado firmemente por Escipión, pero tiña a gran oposicion de Catón que era demasiado conservador como para axudar ós gregos.
Consideraba que a súa misión era a resistencia á invasión grega.
*Imaxe: Marcus Porcius Cato Censorius, Google.
No hay comentarios:
Publicar un comentario