14 jun 2011

Graecari

"Vivir á grega". Os romanos ata tiñan un verbo específico para describir a transformación radical que sufriu a súa sociedade ao longo do século II a.C. 
Se a conquista da Magna Grecia no século anterior supuxera unha primeira toma de contacto coa civilización grega, a conquista militar de Grecia provocou que a propia Roma fose tamén conquistada "culturalmente", como nos recorda o poeta Horacio: 

"Graecia capta artes intulit agreste Latio"

Ideas e costumes gregos invaden Roma. Pedagogos, médicos, filósofos, comerciantes, escravos, reféns (como o propio historiador Polibio) chegan á Urbs. A clase dirixente romana comeza a estudiar a lingua grega. Na literatura latina o dramaturgo Terencio adapta obras gregas, o historiador Fabio Píctor escribe en grego, o poeta Ennio utiliza métrica grega.
Chegan a Roma innumerables obras de arte producto do saqueo e introdúcense novas divindades de orixe oriental, así como novas doutrinas filosóficas (pitagorismo, estoicismo, epicureismo). 
A influenza chega tamén ao costumes e ámbito doméstico: a vivenda, a alimentación, a indumentaria, a saúde e o ocio.
Será tarefa dos alumnos de 1º de Latín, rematar o curso cunha entrada ampliando e ilustrando calquera dos aspectos mencionados nestas liñas.

* Imaxe: copia romana dun busto atribuído a Scopas, escultor grego do século IV a.C. Museo do Cincuentenario. Fotografía de Sebastià Giralt.

No hay comentarios: