Na serie de entradas que virán a continuación, os alumnos de latín de 2º de Bacharelato analizarán o discurso sobre o "Estado da Unión", que o presidente dos EEUU, Barack Obama, pronunciou na Cámara de representantes do Congreso de Estados Unidos de América o 25 de xaneiro de 2011.
É asombroso comprobar como seguen vixentes hoxe, 2.000 anos despois, as regras e preceptos da retórica antiga, tal e como as enunciara Marco Tulio Cicerón.
E máis aínda ver como o propio Obama se pon a se mesmo como exemplo de homo novus, igual que fixera tamén no seu momento o arpinate.
Temos aquí un fantástico exemplo de obra oratoria. Un discurso ben construído, que chega ao público, que o emociona, que o convence, pero que tamén o ensina, que agrada, que entretén, que expón ideas de xeito claro e conciso. En definitiva, que cumpre as vellas leis do delectāre, docēre, movēre et persuadĕre.

Entre toda a clase, mediante un documento compartido en Docs, fixemos a tradución ao galego dende o documento en castelán publicado pola propia casa blanca.
Os puntos a tratar serán os seguintes:
- Orationis partes. Distinguir e analizar as partes do discurso.
- Captatio benevolentiae. Como logra Obama atraerse ao auditorio nos primeiros momentos do seu discurso?
- Movēre. Un dos recursos do orador para conseguir a finalidade que persegue (persuadĕre), é conmover ao público, tocar a fibra sensible. Como o consegue Obama neste discurso e en que partes do mesmo?
- Inventio. Enumerar os 10 puntos principais tratados na argumentatio.
- Elocutio. Buscar exemplos no texto do exordium e a peroratio das seguintes figuras retóricas: Anáfora, Epífora, Pleonasmo, Hipérbole, Símbolo, Similicadencia ou Homeopto, Metáfora, Paralelismo, Elipse, Prosopopea, Enumeración.
Parte 2
Parte 3
Parte 4
No hay comentarios:
Publicar un comentario