A elocutio é a parte da oratoria inmediatamente posterior á ordo ou dispositio. Esta parte da oratoria consiste en trasladar as ideas extraídas e pensadas na inventio e ordenadas na dispositio, é dicir, atopar a maneira de expresalas correctamente. Para iso, cómpre subministrar a "roupaxe lingüística" mediante a selección dos vocábulos axeitados, dun ritmo apropiado e dunha orde correcta. Así mesmo, a elocutio comprende tamén o emprego de figuras retóricas.
Unha das figuras retóricas que Obama emprega neste discurso é a anáfora. A anáfora (do latín anaphora, e esta do grego ἀναφορά) é a figura retórica que consiste na repetición das primeiras palabras dun verso ou oración.
No discurso do actual presidente dos Estados Unidos podemos atopar varios exemplos de anáfora:
- (...) O que xurda deste momento depende de nós. O que xurda deste momento non determinará se nos podemos sentar xuntos esta noite, máis ben se podemos traballar xuntos mañá. (...)
- (...) "Quizá non teña moito diñeiro, pero teño esta gran idea para unha nova compañía. Quizá non veña dunha familia de graduados universitarios, pero serei o primeiro obter o meu grao. Quizá non coñeza a esas persoas en problemas, pero penso que podo axudalas e necesito tratar." (...)
No hay comentarios:
Publicar un comentario