15 feb. 2011

Rómulo e Remo e a loba



Esta famosa estatua feita en bronce que se exhibe nos Museos Capitolinos de Roma, representa unha famosa lenda da fundación de Roma: á loba amamantando aos xemelgos Rómulo e Remo.
Mide 75 centímetos de altura e 114 de ancho. Segundo a tradición, trataríase dunha escultura etrusca, aínda que recentemete ponse en dúbida esta data, demostrándose finalmente que ésta data da Idade Media.
Os nenos foron engadidos durando o Renacemento e probablemente, son obra do escultor Antonio del Pollaiuolo.


Conta a lenda que Ascanio, fillo do heroe troiano Eneas (fillo de Venus e de Anquises), fundou a cidade de Alba Longa sobre a beira dereita do río Tíber. Nesta cidade latina reinaron moitos dos seus descendentes ata chegar a Numitor e ao seu irmán Amulio. Este destronou a Numitor e, para que non puidese ter descendencia que lle disputase o trono, condenou a su filla, Rea Silvia, a ser sacerdotisa da diosa Vesta, para que permanecese virxe.

A pesar disto, Marte, enxendrou en Rea Silvia aos mellizos Rómulo e Remo. Cando estes naceron foron arroxados ao Tíber dentro dunha canasta, que foi a parar na zona dos sete outeiros, situada preto da desembocadura do Tíber, no mar.

Unha loba, chamada Luperca, acercouse a beber e recolleunos e amamantounos na súa cova do Monte Palatino, ata que, finalmente, encontrounos e rescatounos un pastor chamado Fauno e súa muller Laurencia, a cal criounos.
Xa adultos, os mellizos puxeron a Numitor no trono de Alba Longa e fundaron, como colonia de esta, unha cidade na ribeira dereita do Tíber, no lugar onde foron amamantados pola loba, para ser os seus reis.

A lenda tamén nos conta como Rómulo matou a Remo.
Cerca da desembocadura do río Tíber había sete outeiros: os montes Aventino, Celio, Capitolio, Esquilino, Palatino, Quirinal e Viminal. Rómulo e Remo discutiron sobre o lugar onde fundar a cidade e decidiron consultar ao vó das aves, á maneira etrusca. Rómulo viu doce aves voando sobre o Palatino e Remo sólo divisou seis noutro dos outeiros. Entón Rómulo, para delimitar a nova cidade, trazou un recadro cun arado no alto do monte Palatino e xurou que mataría a quen o traspasase. Remo desobedeceu isto e cruzou con desprezo a línea, polo que o seu irmán o matou e quedou como o único e primer Rey de Roma. Este feito ocontecería no ano 754 a. C., segundo a versión da historia oficial da Roma antigua.

1 comentario:

Isabel Romana dijo...

Quedo fascinada leyendo este interesante post sobre la leyenda de la fundación de Roma. Y no tanto por la propia leyenda, sino por la casualidad: acabo de iniciar en mi blog la escritura de una novela que va a recrear las leyendas fundacionales de Roma. Si os apetece incorporaros, estais a tiempo.
Saludos cordiales.